domingo, 21 de abril de 2024

“A NENA QUE SE COMÍA TODOS OS CONTOS” de “TRÉMOLA TEATRO” para conmemorar o DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR

Despois de celebrar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil coas eventos realizados os días 2 e 5 de abril, na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén continuamos coas actividades do noso Programa de Animación á Lectura e Dinamización da Lingua Galega de 2024 nesta ocasión para conmemorar o DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR.

DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR celébrase en todo o mundo o día 23 de abril de cada ano desde o 15 de novembro de 1995 en que tivo a sua orixe como unha maneira de render unha homenaxe a grandes escritores universais como Miguel de Cervantes, Garcilaso de la Vega, William Shakespeare, Vladimir Nabokov, Josep Pla e Manuel Mejías Vallejo, entro moitos outros; e foi a través da UNESCO que se decretou ese día co obxectivo de fomentar a lectura entre todos os públicos, a cultura e as letras no mundo, ademais de protexer a propiedade do dereito de autor, a iniciativa da Unión Internacional de Editores. E é que ler axúdanos a coñecer culturas, a viaxar no tempo e a cultivar a nosa mente.

E empezamos as conmemoracións deste importante día coa seguinte actividade:


Martes 23 de Abril en dúas sesións ás 11:15 e 13:00 horas que terán lugar no Auditorio do Concello teremos o espectáculo “A NENA QUE SE COMÍA TODOS OS CONTOS” que nos traerá a actriz REBECA SOLLA de “TRÉMOLA TEATRO”.

Na primeira sesión ás 11:15 horas están convidados a asistir o alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos; e o alumnado da EEI “A Galeriña” de Nespereira.

Na segunda sesión ás 13:00 horas convidamos ao alumnado de 3º a 6º de Primaira do CPI "Curros Enríquez" de Pazos; a os usuarios da Asociación ASPAVI; e a todos aqueles veciños e veciñas que queiran asistir se ben teñen que inscribirse previamente chamando ao teléfono da Biblioteca (986 497 273).

“A NENA QUE SE COMÍA TODOS OS CONTOS” é un contacontos teatralizado da compañía Trémola Teatro que conta o seguinte...
Elisa, unha nena que quería ser a máis lista do mundo, e sabía que a resposta estaba nos libros!
Pero... en vez de lelos, comíaos.

A ver se coa vosa axuda conseguimos que Elisa convértase na persoa máis lista do mundo.

Animádevos a conmemorar o DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR participando en calquera das actividades que se realizan en bibliotecas, escolas e outras institucións do país e, sobre todo, animando a todo o mundo (nenos/as, mozos/as e adultos) a que lean polo menos 20 minutos cada día.

Para calquera información sobre a programación podedes contactar coa Biblioteca por Teléfono chamando ao número 986 497 273 ou por correo electrónico a biblioteca@pazosdeborben.org no noso horario habitual de apertura.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.