CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN: Información sobre lectura, servizos, actividades e novas tecnoloxías
mércores, 13 de decembro de 2023
ENTREGA DE PREMIOS DO "V CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN"
mércores, 11 de outubro de 2023
CONVOCATORIA DO "V CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN"
O pasado 18 de setembro demos conta a través deste Blog e das Redes Sociais da biblioteca das actividades que se van a realizar durante os meses de setembro-outubro e, entre elas está a convocatoria do "V CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN".
Nesta 5ª edición do certame poderá participar todo o alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria residente no municipio que estivera ou estea cursando estudos de Infantil, Primaria ou Secundaria nos colexios públicos do municipio durante os cursos 2022/2023 e/ou 2023/2024; e tamén os usuarios dos Centros de Atención a Persoas con Diversidade Funcional que teñan a súa sede e actividade no municipio de Pazos de Borbén.
Coa convocatoria desta nova edición pretendemos seguir animando á creación literaria, á escrita e á lectura en lingua galega; fomentar a creatividade e potenciar a expresión e a comprensión escritas, estimulando o uso da lingua galega entre os escolares e os mais mozos, así como tamén do colectivo de persoas con diversidade funcional, facilitándolles a súa consecución mediante esta motivación como é a de participar nun certame literario no ámbito do relato breve.
Este ano ampliouse o número de categorías para participar a 7, dúas máis cos anos anteriores, incluíndo ao alumnado de Infantil e ao colectivo de persoas con diversidade funcional:
- Categoría
A: Persoas con diversidade funcional
- Categoría
B: Alumnado de Educación Infantil
- Categoría
C: Alumnado de 1º e 2º de Primaria
- Categoría
D: Alumnado de 3º e 4º de Primaria
- Categoría
E: Alumnado de 5º e 6º de Primaria
- Categoría
F: Alumnado de 1º e 2º de ESO
- Categoría
G: Alumnado de 3º e 4º de ESO
O prazo para presentar os traballos será entre os días 2 de outubro e o 15 de Novembro de 2023.
Os participantes na Categoría A: Persoas con diversidade funcional poderán presentar un debuxo nunha folla tamaño A4 por unha soa cara que inclúa unha ou máis frases alusivas ao mesmo; ou un relato escrito que se entregará en formato A4 por unha soa cara, manuscrito en letra clara ou ben impreso en tipo letra Arial, tamaño 14 puntos e entreliñado 1,5 liñas. A extensión mínima será dunha (1) páxina e máxima de dúas (2) páxinas.
As persoas participantes na Categoría B: Alumnado de Educación Infantil poderán presentar un debuxo nunha folla tamaño A4 por unha soa cara.
As persoas participantes na Categoría C: Alumnado de 1º e 2º de primaria poderán presentar un debuxo nunha folla tamaño A4 por unha soa cara que inclúa unha ou dúas frases alusivas ao debuxo presentado.
- A igualdade, a diversidade, a tolerancia, o respecto e a prevención da violencia de xénero como valores esenciais para a convivencia entre homes e mulleres.
- A recollida de historias e lendas locais transmitidas oralmente de avós/avoas a pais/nais, a fillos/as e a netos/as que favorezan o coñecemento do patrimonio inmaterial de Pazos de Borbén.
- A recollida de toponimia e microtoponimia dos lugares, barrios eparroquias do concello.
- 1º premio: Un libro ou tableta electrónica+un lote de libros.
- 2º premio: Un lote de libros.
- 1º e 2º premios: Un lote de libros.
- 1º premio: Un libro ou tableta electrónica+un lote de libros.
- 2º premio: Un lote de libros
Desde BIBLIOPAZOS animamos a todo o profesorado, aos pais, nais e demáis familiares do alumnado e á dirección, persoal, etc., dos Centros de atención a persoas con diversiade funcional do concello para que os estimulen a escribir e a participar neste nova convocatoria do certame que chega a súa 5º edición.
Esta actividade enmárcase no programa de actividades de dinamización da Lingua Galega do ano 2023 "OBRADOIROS E CERTAME DE CREACIÓN LITERARIA" organizado pola Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén e que conta co patrocinio do Departamento de Normalización Lingüística e Servizos Lingüísticos da Deputación Provincial de Pontevedra.
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.
venres, 29 de setembro de 2023
Obradoiro de Creación Literaria "RELATO-EXPRÉS. A PERSONAXE DA AULA" con ANDREA BARREIRA FREIJE
No curso escolar 2022-2023 aprendemos que para escribir un relato non só precisamos imaxinación e prestar atención ao que nos rodea, senón que tamén necesitamos coñecer o manexo dunhas ferramentas básicas: Quen conta a historia? O Narrador; Quenes marcan a accion? As personaxes; Onde e cando acontece todo? Espazo e tempo; Como estruturamos o relato? Tempo e trama...“Relato-exprés” é un obradoiro de escrita que funciona como unha receita. A través de varios pasos, que van desde a inspiración á lectura, pasando pola escrita, descubriremos tanto o traballo que hai detrás dun texto como os elementos narrativos para poder conxugalo todo e así contar unha historia.Pero hai máis... Moito máis detrás deses elementos. Unha vez que coñecemos os ingredientes elementais, chega o momento de descubrir distintas variantes, fórmulas, estratexias... Cantos personaxes hai? É o mesmo o protagonista que o secundario? Que é a personaxe confidente? E que pasa se comezamos polo final? E se todo se repite unha e outra? Podo contar eu a historia? Ou ten que ser alguén de fóra? E se a conto eu e outro?Durante o curso 2023-2024 profundaremos na escrita da narrativa descubrindo novos narradores, personaxes, estruturas...En “Relato-exprés” o inicio e o final é en equipo, pois sempre resulta interesante formular ideas diversas e escoitar o traballo do resto da aula desde unha perspectiva construtiva, buscando o mellor resultado. O proceso creativo será individual, para que cadaquén poida contar a historia que máis lle interese.Público: Rapazada de 1º a 4º da ESO. Cada persoa escribirá un relato xogando con narradores e estruturas máis complexas das aprendidas ata o momento, o que lles permitirá experimentar coa narración.1º ESO: Este curso ao ser o primeiro ano que recibe o obradoiro, descubrirá os elementos básicos para a construción dun relato: que é narrador, as personaxes, o espazo, o tempo e a trama máis básica.2º, 3º e 4º ESO: Nestes cursos profundaremos nos distintos tipos de narradores, en como se relacionan as diversas personaxes e como podemos manexar o tempo do relato para variar a súa estrutura.
xoves, 21 de setembro de 2023
"CONVERSAS CON TANA: acerca da igualdade de xénero", un espectáculo de AL GUANELLA co que conmemoraremos o DÍA INTERNACIONAL DA PAZ
mércores, 20 de setembro de 2023
OBRADOIRO DE CREACIÓN LITERARIA "ESCRIBIR PARA CONTAR 2", con Miguel Anxo Alonso Diz
Unha vez convocado o "V CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN", e para animar á escrita a todos os que queiran participar temos organizado varios "OBRADOIROS DE CREACIÓN LITERARIA".
O primeiro deles é o titulado "ESCRIBIR PARA CONTAR 2" e será impartido polo escritor, poeta, docente e contacontos MIGUEL ANXO ALONSO DIZ e nel participará todo o alumnado de Infantil e Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos; o alumnado de Educación Infantil da EEI "A Galeriña" de Nespereira; e os usuarios da Asociación ASPAVI.
Este obradoiro terá lugar nas instalacións escolares e da Asociación ASPAVI en 9 sesións de entre 50 e 90 minutos cada unha delas nos seguintes días e horarios:
-Mércores, 20 de setembro:
11:45 a 12:35 - Infantil CPI Pazos13:00 a 14:15 - 1º Primaria CPI Pazos-Xoves, 21 de setembro:
09:45 a 11:00 - 2º de Primaria
Venres, 22 de setembro:
11:35 a 12:20 - Infantil EEI “A Galeriña”-Nespereira
Mércores, 27 de setembro:
13:00 a 14:30 - 4º de Primaria
Xoves, 28 de setembro
09:45 a 11:15 - 5º de Primaria
Venres, 29 de setembro:
Mércores, 4 de outubro:
13:00 a 14:30 - 6º de Primaria
Dando continuidade aos obradoiros “ESCRIBIR PARA CONTAR” realizados no ano 2022, nesta nova edición dos obradoiros ensínase ao alumnado participante os procesos de creación. Camiñando pola palabra, tanto escrita como oral, a imaxe e mesmo a expresión teatral para dotar dunha visión o máis completa posible; sempre adaptándose ao nivel da rapazada participante e dando resposta ás necesidades de cada grupo e de cada persoa.
Nas actividades búscase fomentar a creatividade, o amor pola arte en xeral e pola nosa lingua.
Todas estas variables xogan un papel relevante no intre de pórse diante da folla en branco.
Ademais incorpóranse os ciclos de infantil e o colectivo de persoas con diversidade funcional feito co que se busca achegar a un colectivo de persoas máis amplo o labor desenvolto a través de obradoiros adaptados a cada idade e circunstancia.
Os obxectivos que se pretende conseguir son os seguintes:
- Incentivar
a creatividade e o valor da orixinalidade.
- Estimular
a creación de historias vencelladas co noso entorno, sementando neles o
aprecio e valoración do propio, tanto na súa vertente material (patrimonio
histórico), como inmaterial.
- Asociar
a escrita ao xogo, e non só a escrita, senón tamén o propio proceso de
aprendizaxe.
- Enlazar
elementos escritos e de narración visual e conectar a escrita e a
narración oral. Incentivar a transmisión oral de historias no seu entorno
familiar.
- Incentivar
a lectura como motor da escrita. Iniciar no xogo de palabras.
- Escribir
como ferramenta de expresión dun mesmo.
- Fomentar
o uso da lingua galega.
- O
emprego da expresión artística galega como un elemento de expresión
integradora na sociedade e de fomento do respecto á diversidade.
- Primeiro nivel: Ciclo de Infantil
- Escribir para contar.
- Narrar a través da imaxe.
- Segundo nivel: 1º e 2º de Primaria
- O valente coello que quixo soñar.
- Unha intervención artística.
- Creación de personaxes.
- Pequenas historias. Debuxamos.
- Unha historia entre todos.
- Unha imaxe. Descubrir a historia agochada.
- O meu conto é o máis tolo.
- O relato máis curto do mundo.
- A historia encadeada.
- Mesmas palabras, diferentes contos.
- A miña avoa contaba...
- Escoitei un ruído que proviña de fóra...
- Contamos as nosas historias.
- Que queremos contar?
- Debuxo como ferramenta de narración.
- Recursos para contar unha historia.
luns, 18 de setembro de 2023
PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN Á LECTURA DE SETEMBRO-OUTUBRO 2023
- Categoría A: Persoas con diversidade funcional
- Categoría B: Alumnado de Educación Infantil
- Categoría C: Alumnado de 1º e 2º de Primaria
- Categoría D: Alumnado de 3º e 4º de Primaria
- Categoría E: Alumnado de 5º e 6º de Primaria
- Categoría F: Alumnado de 1º e 2º de ESO
- Categoría G: Alumnado de 3º e 4º de ESO
- Incentivar a creatividade e o valor da orixinalidade.
- Estimular a creación de historias vencelladas co noso entorno, sementando neles o aprecio e valoración do propio, tanto na súa vertente material (patrimonio histórico), como inmaterial.
- Asociar a escrita ao xogo, e non só a escrita, senón tamén o propio proceso de aprendizaxe.
- Enlazar elementos escritos e de narración visual e conectar a escrita e a narración oral. Incentivar a transmisión oral de historias no seu entorno familiar.
- Incentivar a lectura como motor da escrita. Iniciar no xogo de palabras.
- Escribir como ferramenta de expresión dun mesmo.
- Fomentar o uso da lingua galega.
- O emprego da expresión artística galega como un elemento de expresión integradora na sociedade e de fomento do respecto á diversidade.
martes, 13 de xuño de 2023
“CONTOS ARREDOR DO LUME” unha selección de contos tradicionais para conmemorar a chegada do Solsticio de Verán e o comezo das vacacións escolares.
Para conmemorar a chegada do Solsticio de Verán e o comezo das vacacións escolares, teremos con nós á contadora ALBA DE VALES, quen nos traerá o seu espectáculo de narración oral "CONTOS ARREDOR DO LUME”.
domingo, 14 de maio de 2023
"MAXIA PARA SOÑAR”" para conmemorar o DIA DAS LETRAS GALEGAS
sábado, 28 de xaneiro de 2023
LA MUERTE: DANZA MACABRA
GRACIAS a LUCA por la donación de este libro para la biblioteca de Pazos de Borbén y por la dedicatoria para sus usuarios |