sábado, 11 de xaneiro de 2020

2º PREMIO CATEGORÍA A: 1º/2º DE PRIMARIA - II CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN

O pasado mércores 18 de decembro de 2019 tivo lugar no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén o acto de entrega de premios do "II CERTAME DE RELATO CURTO" de Pazos de Borbén organizado pola Concellería de Cultura do concello a través da Biblioteca Pública Municipal - BiblioPazos.

Tal e como estaba establecido nas Bases do certame toca publicar os traballos galardoados cos accésits e co 1º e 2º premio de cada categoría.

Continuamos coa publicación dos relatos premiados e agora vai o premiado co

2º PREMIO da Categoría A: 1º e 2º de Primaria

"O LADRÓN DE CARAMELOS" de Mateo Paz Álvarez - 7 anos - 2º de primaria.


Había unha vez un neno que se chamaba Xoán. Vivía nunha casa moi ordenada coa súa familia.

Xoán tiña moitos caramelos que os había conseguido facendo truco ou trato o día de Samaín. Cada día lle faltaban 3 caramelos ata que decidiu esconderse para saber quen llos roubaba.

De repente escoitou un ruído mirou ao seu gato comendo os seus caramelos e Xoán partiuse de risa.

Participantes e premiados Categoría A - 1º e 2º de Primaria

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.