sábado, 11 de xaneiro de 2020

NON É PARIS


NON É PARIS
Autor: María Canosa
Edita: Bolanda Ediciones y Marketing

Xénero: Literatura Galega - Narrativa

Marcela é unha muller afeita a tomar decisións importantes tras meditar moito as mesmas. Sabe cal é o rumbo que desexa seguir e actúa en consecuencia para obter o seu obxectivo. É resolta, decidida, afouta pero, por primeira vez na vida, non lle dan opción. Múdanlle a situación persoal se consultarllo, polo que se ve na obriga de comezar unha nova vida que, ademais, rexeita de principio.

Mais a madureza e serenidade que sempre amosara como guía do seu carácter acaba por impoñerse, logo de moito esforzo e forza de vontade, para axudala a saír de novo á superficie en busca de aire. Marcela bebe do seu pasado, porque é a súa esencia e, cando consegue ordenar o universo dos sentimentos, sopra con forza sobre el para que as malas lembranzas se perdan lonxe co vento, cal dente de león.

ISBN: 978-84-608-9694-4
Nº de páxinas: 103
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 17 x 23,5

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.