domingo, 12 de xaneiro de 2020

O DÍA QUE CHOVEU DO REVÉS


O DÍA QUE CHOVEU DO REVÉS
Autor: María Canosa
Ilustrador: Dani Padrón
Edita: Edicións Xerais de Galicia, SA

Xénero: Literatura Infantil Galega - Contos

Idade recomendada: +5 anos

O sol secábao todo coa súa calor abrasadora, e as nubes non facían máis que matarse a regar os campos para que medrasen as verzas e o millo, e para que as herbas fosen verdes. En canto viron que o verde se volvía amarelo, as nubes pareceulles tan mal que decidiron facer unha folga traballando, e puxéronse a chover os sete choveres ata que quedaron sen auga. Por culpa de tanto chover a Vila de Portoseco quedou asolagada e os seus habitantes navegaban entre os tellados das casas e o campanario da igrexa.

Como ían solucionalo?, pensaron as nubes. Pois podiamos facer que chovera do revés.

ISBN: 978-84-9914-965-3
Nº de páxinas: 32
Encadernación: Tapa dura
Formato: 18,5 x 20,5 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.