mércores, 19 de decembro de 2018

HERBERT WEST, O REANIMADOR E OUTRAS HISTORIAS ARREPIANTES.


HERBERT WEST, O REANIMADOR E OUTRAS HISTORIAS ARREPIANTES.
VOLUME XI
Autor: H.P Lovecraft
Edita: Urco Editora

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

Neste volume inclúense varias historias do Lovecraft novo que oscila entre o macabro e o onírico, entre os terrores da cripta e as visións dun alén aterrecedor. Xunto cun feixe de relatos escritos entre 1920 e 1923, culmina o volume a novela curta protagonizada polo estudante de medicina Herbert West e a súa obsesión pola reanimación de cadáveres.

Escrita en orixe como unha parodia do "Frankenstein" de Mary Shelley, Lovecraft combina aquí o humorístico co arrepiante, nunha mestura  que, no seu tempo, non gozou de excesivo éxito, mais foi gañando co paso dos anos.

En 1985 Stuart Gordon levou a historia á gran pantalla co seu Re-animator, que se converteu nun filme de culto para os amantes do xénero e que fixo mundialmente coñecida a historia do solitario de Providence.

ISBN: 978-84-15699-32-3
Nº de páxinas: 189
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 21 cm.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.