mércores, 19 de decembro de 2018

PLAN DE MOBILIDADE SUSTENTABLE


O Concello de Pazos de Borbén ven de iniciar a redacción do seu Plan de Mobilidade Sustentable para o que contará coa cofinanciación da Deputación de Pontevedra.

O desenvolvemento do PMS servirá como ferramenta de planificación estratéxica do seu territorio a través do fomento dunha mobilidade sustentable, que procure unha accesibilidade universal e implique transformar múltiples hábitos da mobilidade urbana. A implantación de formas de desprazamentos máis sustentables (camiñar, bicicleta, transporte público) está estreitamente ligada á redución da contaminación, mellora do entorno urbano e ao impulso da inclusión social

Co fin de coñecer as demandas e propostas dos residentes neste término municipal, púxose en marcha a través da web do Concello de Pazos de Borbén unha consulta dixital online, cun cuestionario que terá caracter anónimo e que poderá cubrirse ata o 11 de Xaneiro a través da seguinte ligazón: 


Dita consulta virá a sumarse ás mesas de participación cidadá, na que os diferentes colectivos e a veciñanza interesada poderán participar ao longo do día 27 de Decembro en horarios de mañá e tarde en dependencias municipais. De xeito adicional poderán enviarse suxestións ao correo electrónico:


Grazas a todos por colaborar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.