martes, 18 de decembro de 2018

VIVIR SEN PERMISO E OUTRAS HISTORIAS DE OESTE


VIVIR SEN PERMISO E OUTRAS HISTORIAS DE OESTE
Autor: Manuel Rivas
Edicións Xerais de Galicia, S.A

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

Este novo libro de Manuel Rivas contén tres historias que, ao xeito da serie negracriminal, retratan un tempo histórico onde se cobiza, do diñeiro sucio e da corrupción. Mais tamén son historias que nos mostran a condición humana situada no límite, relatadas desde a maxia literaria dunha escrita impactante, poderosa e directa.

En "O medo dos ourizos", dous mozos mariñeiros, que subsisten en precario, atopan no mar un tesouro, fardos  procedentes do narcotráfico, que pode facelos ricos ou custarlles a vida.

En "Vivir sen permiso", Nemo Bandeira, un poderoso magnate que levantou o seu imperio por medio ilícitos, consegue borrar as pegadas do seu pasado criminal, mais vaise atopar cun inimigo íntimo, inesperado e invencíbel.

En "Sagrado mar", un mozo presidiario, apaixinado pola lectura, tan que enfrontarse non só co sistema carceriario, senón tamén co dilema da obediencia ou desobediencia ante o dominio que exerce un capo no interior da cadea.

Vivir sen permiso e outras historias de Oeste é un libro fascinante, de literatura na beira, na marxe do risco, que o autor define como literatura vagabunda ou estremeira. Alí onde a cuestión final non é tanto ter ou non ter poder senón ter ou non ter liberdade.

ISBN: 978-84-9121-456-4
Nº de páxinas: 141
Encadernación: Tapa branda
Formato: 14,5 x 22 cm.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.