martes, 8 de marzo de 2016

8 DE MARZO - DIA INTERNACIONAL DA MULLER

Un 8 de marzo de 1857, un grupo de obreiras textiles tomou a decisión de saír ás rúas de Nova York a protestar polas míseras condicións nas que traballaban.

Distintos movementos sucedéronse a partir desa data. O 5 de marzo de 1908, Nova York foi escenario de novo dunha folga polémica para aqueles tempos. Un grupo de mulleres reclamaba a igualdade salarial, a disminución da xornada laboral a 10 horas e un tempo para poder dar de mamar aos seus fillos.

Durante esa folga, pereceron máis dun centenar de mulleres queimadas nunha fábrica de Sirtwoot Cotton, nun incendio que se atribuíu ao dono da fábrica como resposta á folga.

En 1910, durante a Segunda Conferencia Internacional de Mulleres Traballadoras celebrada en Copenhague (Dinamarca) máis de 100 mulleres aprobaron declarar o 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora. 

Actualmente, celébrase como o Día Internacional da Muller.

En BIBLIOPAZOS queremos poñer a disposición dos nosos usuarios e usuarias un montón de libros tanto en galego como en castelán para celebrar este día.







VEN A BIBLIOPAZOS E LÉVAOS PARA A TÚA CASA!!!

 

Desde o INTEF poñense a disposición algúns dos recursos e páxinas de interese para desenvolver o tema nas aulas.

RECURSOS EDUCATIVOS NO PORTAL DO INTEF

Fonte: INTEF

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.