martes, 8 de marzo de 2016

A SOMBRA SOBRE INNSMOUTH e O QUE ASEXA NA ESCURIDADE

A sombra sobre Innsmouth e O que asexa na escuridade
H.P. Lovecraft
Traducción: Tomás González Ahola
Urco Editora
Colección: Urco Gótica - Biblioteca Lovecraft
 
Literatura Xuvenil en Galego
 
Xénero: Novela de terror
 
Neste cuarto volume da Biblioteca Lovecraft presentamos dúas historias máis do chamado «Ciclo de Cthulhu», o conxunto de narracións máis tardías e máis coñecidas do autor de Providence.
 
A primeira historia que se inclúe, A sombra sobre Innsmouth, é unha das novelas curtas máis coñecidas e admiradas do autor, e versa sobre os Profundos, esas criaturas adoradoras de Cthulhu e Dagon, que mesturan o seu sangue co dos humanos nas costas máis isoladas e recónditas do mundo.
 
O segundo conto deste volume, O que asexa na escuridade, é unha secuela de The Shambler from the Stars, de Robert Bloch, quen á súa vez escribiu unha terceira historia máis tarde continuando a de Lovecraft, titulada The Shadow from the Steeple.
 
Ambas as dúas constitúen un anaco fundamental dos alicerces da literatura de suspenso e terror do século XX, co que merecían formar parte desta colección que pretende traer o mellor da narrativa lovecraftiana á lingua galega.
 
Nº de páxinas: 180
Formato: 21 x 13,5 cm
ISBN: 978-84-939554-9-6

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.