mércores, 9 de marzo de 2016

A COUSA NO LIMIAR - A SOMBRA FÓRA DO TEMPO

A cousa no limiar e A sombra fóra do tempo
H.P. Lovecraft
Traducción: Tomás González Ahola
Urco Editora
Colección: Urco Gótica - Biblioteca Lovecraft

Literatura Xuvenil en Galego

Xénero: Novela de terror

Con este volume remata o primeiro ciclo da biblioteca Lovecraft, dedicado aos “Mitos de Cthulhu”, aínda que a colección continuará en vindeiros títulos cos contos do ciclo do soño e as historias macabras.

Presentamos aquí dúas obras da madurez do solitario de Providence.

A primeira delas, o relato A cousa no limiar, centra a súa atención arredor dun protagonista atormentado cuxo corpo é posuído por un espírito maligno que desexa acabar coa realidade que coñecemos.

A segunda, a novela breve A sombra fóra do tempo, versa sobre unha antiga raza extraterrestre que poboou a Terra hai millóns de anos, capaz de proxectar as súas mentes a través do espazo-tempo para así vivir eternamente e atesourar a sabedoría de todo o universo.

Ambas as dúas historias son perfectos representantes das dúas liñas fundamentais dos Mitos: Por unha banda a existencia de persoas malignas no noso contorno que desexan abrir as portas da nosa realidade a entidades doutros planos dimensionais, e pola outra a constatación dun pasado do noso planeta distinto ao que tradicionalmente coñecemos pola ciencia, poboado de razas intelixentes e avanzadas procedentes doutros astros cuxa existencia pasada ten ou pode ter consecuencias no presente.

Nº de páxinas: 192
Formato: 21 x 13,5 cm
ISBN: 978-84-937142-0-2


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.