sábado, 5 de xaneiro de 2013

Do A ao Z con... Castelao - LECTURA INFANTIL

Do A ao Z con... Castelao
Ilustracións de Manel Cráneo
Col. Ler é Vivir. Serie Morada.
Ed. Everest Galicia. A Coruña, 2010
A partir de 10 anos

Conxunto de textos en prosa, poética nalgúns casos, que, seguindo unha orde alfabética, recolle palabras chave da vida e obra de Castelao para dialogar con elas a maneira de homenaxe ao artista, escritor e político rianxeiro, un dos referentes fundamentais na cultura galega contemporánea.

Así, conta: Do mozo que emigrou a Arxentina; da filla do Boticario na escola; dos namorados que se amigaron no Cruceiro; do Debuxante de pensamentos; do Esqueleto que pode ser para a nena pesadelo ou lección na escola; da misteriosa casa da fraga en cuxa Fiestra asoma unha rapaza como unha Menina de Velázquez; da Gaivota mensaxeira que vén onda a rapaza que anda ás crebas; dos Homes cociñeiros co seu club gastronómico; do Inglés que chegou a Fisterra polo Camiño de Santiago e alí se quedou; á panadeira Lela gústalle oír o seu nome na boca dunha nena; do papagaio do Médico pediatra que se xubila canda el; un poema acróstico sobre Namorarse; do castelo con lenda ante o que a nena sente medo e dillo á "Ña nai"; dos Ollos que, explica o avó, amais de mirar falan; do mariñeiro Pedriño, a quen veu buscar unha balea e levouno; imaxinando Que pasaría se fose o único habitante da cidade e se atopase cun extraterrestre; Rianxo definido literariamente por un Daniel rapaz; do Segredo dunhas estrelas e o luceiro; da Tola do Monte que baixaba bater as campás da igrexa coa alba; do xubilado que cumpría o soño de que os seus fillos estudaran na Universidade; da carteira Virxinia en quen confiaba a xente, que mesmo lle pedía que lles lese as cartas; do rapaz que viñera de Valencia para estudar e, canso das burlas, tomou a Xustiza pola man. Rematando nunha canción en acróstico sobre GaliZa.

A edición péchase cunhas pequenas notas sobre a relevante aparición na obra de Castelao das palabras motivadoras dos textos.
60 p. - 12,5x19,5 cm.
ISBN     978-84-403-1141-2 

Fonte: BLIX

FAITE SOCIO DA BIBLIOTECA E LEVAO PARA LER NA CASA

Cuáles son las palabras más frecuentemente usadas en castellano?

filosofia
Según el Diccionario de frecuencias de las unidades lingüísticas del castellano, las 20 palabras más usadas del castellano suman un 37% de todo el léxico e incluyen conjunciones como “y”, preposiciones como “de” o “en”, y artículos como “un”, “las”, “los” o “una”. Más allá de estas evidencias se observan algunos datos curiosos, como que por cada dos millones de palabras aparece 9401 veces el término “más” y solo 1891 su antónimo “menos”. También hay diferencias en los antónimos “todo” (4389) y “nada” (2097).

Otro término que llama la atención por su uso frecuente son “vida” (2293) y “tiempo” (2226). Además, mientras usamos el vocablo “hombre” 1965 veces por cada dos millones de palabras, el término “mujer” aparece menos, exactamente 1335 veces, en la misma muestra. Lo contrario ocurre con “madre” (1209), más frecuente que “padre” (1027). “Casa” y “mundo” coinciden al estar presentes 1775 veces por cada dos millones de palabras que usamos, según este diccionario.

Liliput - LECTURA ADULTOS

LILIPUT
Manuel Lugrís Rodríguez

Sinopsis
Liliput, opera prima editada do seu autor, introdúcenos, a través dunha historia coa cidade da Coruña como pano de fondo, tamén como personaxe silencioso, na experiencia profesional de Emilio Ramallo, xornalista e gañador do Premio Nacional das Letras, que, pouco a pouco, é obxecto dunha investigación xornalística na que se nos presenta unha época na que todo se desenvolve como un espectáculo de monicreques, onde os personaxes, semella, non poden escapar ao seu destino. O resultado é unha experiencia vital marcada pola traizón e o fracaso. Por fin alcanzaba a posición de dominador. Eran as propias posibilidades, independentemente da súa natureza cuantitativa, as que, agora, posuían a forza real suficiente para recuperar a miña condición de home. Tantos anos tratando de afastarme da paisaxe dos malos recordos, non abondaba para facerme perder, definitivamente, os raigaños a que me consideraba con dereito. Algo se revelara en min...

Datos do libro
  • Nº de páxinas: 320
  • Encadernación: Tapa branda
  • Editoral: BAIA EDICIONS
  • Lingua: GALEGO
  • ISBN: 9788496893603

xoves, 3 de xaneiro de 2013

O Libro dos Reis Magos

Para que os Reis Magos, que chegan a Galicia cansos da súa viaxe e sen tempo para preparar unha alocución, poidan dirixirse aos nenos e nenas en galego, a Rede de Dinamización Lingüística preparou este libro de fermosos discursos redactados por 25 escritoras que se poden ler tal cal ou adaptarse ao gusto de cadaquén. O Libro dos Reis Magos, que podedes ver a continuación, foi enviado a todos os concellos da Rede.


Descargao en formato PDF. Fai clic AQUÍ 

Fonte: Xunta.es/linguagalega

Do A ao Z con... Uxío Novoneyra - LECTURA INFANTIL

Do A ao Z con... Uxío Novoneyra
Francisco Xosé Fernández Naval
Ilustracións de Manuel Uhía
Col. Ler é Vivir. Serie Morada
Ed. Everest Galicia, A Coruña, 2010
A partir de 10 anos

Uxío Novoneyra é o escritor a quen se lle dedicou a festa das letras galegas de 2010. Poeta fortemente vinculado á terra -que cantou e interpretou nos seus versos cheos de ritmo, de forza e de referencias á natureza-, destaca polo seu compromiso coa lingua de Galicia, coa paz e coa liberdade. A serra do Courel, Galicia, os bidueiros, o río, a auga ou o silencio, así como as persoas queridas como María Mariño ou Otero Pedrayo, forman parte do universo dos seus versos e delas válese Fernández Naval para ofrecer neste abecedario esencial a súa partibular interpretación dun autor que lle é particularmente querido.
Pax: 60
ISBN: 978-84-403-1143-6
Fonte: Culturagalega.org 


FAITE SOCIO DA BIBLIOTECA E LÉVAO PARA LER NA CASA

Galicia como tarea - LITERATURA ADULTOS

Coincidindo coa celebración do Día Internacional do Libro e co aniversario do nacemento de Valentín Paz Andrade este 23 de abril preséntase en Vigo a edición facsímile de Galicia como tarea, o libro alboral dos estudos socioeconómicos galegos, publicado en 1959, ao coidado de Luís Seoane, polas Ediciones Galicia do Centro Galego de Buenos Aires. Para Xosé Luís Méndez Ferrín, presidente da Real Academia Galega, “é o grande manifesto político e económico do nacionalismo progresista”. Para Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, autor do brillante estudo introdutorio da nova edición de Xerais, “é un libro singular e pioneiro, que se adianta ao seu tempo, xa que combina a análise estatística precisa cunha concepción global e mesmo cultural de Galicia, entendida como ‘ser enterizo’ que precisa deseñar un destino. Esta é a ‘tarea’. […] Non hai lamentación nin doadas culpabilizacións, senón unha apelación clara á responsabilidade colectiva e á capacidade das elites para deseñar ese futuro como un destino” .

A orixe do texto de “Galicia como tarea” estivo nas conferencias que Paz Andrade pronunciou en Buenos Aires en 1957 sobre economía e cultura galega, cando fóra convidado polo Centro Galego con motivo das Xornadas Patrióticas do 25 de xullo. Intervencións que, en boa medida, compuxera na cadea da rúa do Príncipe durante os trinta días do mes de xuño que pasou preso por unha “leve falta de ligera irrespetuosidad a la autoridad de Marina”, pena que se lle aplicou por apenas catro liñas publicadas na revista Industrias Pesqueras, da que era director, en setembro de 1956 nas que se daba conta do cesamento dun comandante de Mariña. Non fora esa a primeira ocasión na que Valentín visitou as celas de Príncipe por problemas coa censura ou coas autoridades gobernativas. En 1924, xa pasara 15 días, tras negarse a pagar dúas multas de 250 pesetas por senllos artigos (“El tren del Pirineo” e “Justificando nuestro silencio”), que publicou no xornal “Galicia” opoñéndose ás ideas de reforzar as comunicacións só con Madrid e defendendo a construción dunha liña de ferrocarrril que unise Galicia coa fronteira francesa, o que permitiría converter o porto de Vigo en cabeceira de Europa. 

Paz Andrade pretendía con Galicia como tarea presentar á comunidade galega en Arxentina unha nova interpretación de Galicia con fundamento económico, que desmontase moitos dos prexuízos existentes sobre o país e achegase argumentos para enxergar un futuro de prosperidade. Con esta intención, recaba os datos estatísticos dispoñibles (o título do manuscrito foi Galicia en números vivos) que lle permiten ofrecer diagnósticos novidosos de cuestións fulcrais como a estrutura da produción agraria ou as orixes do fenómeno migratorio, ao tempo que propoñer un horizonte de industrialización baseado no que denomina “meridiano da auga”, sexa a produción de enerxía hidroeléctrica ou fose o aproveitamento dos recursos pesqueiros e o desenvolvemento das industrias marítimas. Ademais, Valentín propón de forma tamén pioneira artellar en Galicia unha ligadura entre economía e cultura, dedicando especial atención ao papel do idioma galego, unha das catro linguas atlánticas que se estende aos catro continentes, o que para el nos permite unha capacidade de comunicación única, extraordinaria, cos millóns de persoas que falan portugués ou castelán.

A pesar das cinco décadas transcorridas dende a súa primeira publicación, o enfoque político de Galicia como tarea mantén a súa vixencia. O chamamento de Paz Andrade a asumir a corresponsabilidade colectiva, a abandonar calquera tipo de conformismo retórico e pasar á acción, a crear unha linguaxe nova sobre problemas vivos, a traballar pola renovación constante das ideas e dos xeitos de “facer e refacer todos os días o país” son hoxe ideas imprescindibles para recuperar o pulo perdido no proceso de construción nacional de Galicia. Cando vivimos un momento de emerxencia, derrotados polo conformismo centralista, cando sofrimos unha brutal sangría demográfica, cando a nosa mocidade volve emigrar de forma masiva, cando soportamos as taxas máis altas de desemprego da nosa historia ven ao caso recuperar as palabras de esperanza coas que Valentín Paz Andrade, o cabezaleiro do galeguismo inconformista que suma, remataba en 1931 un artigo n’ A Fouce: “Hai pois, un labor inaprazable, a loita e a capacitación á vez, que reclama o esforzo dos homes galegos. Unha xesta histórica que non pode ser eludida. Que todos veñan á obra con fe, cheos de azos e optimismo, mais con afán de crear, con inquedanza de traballo, con anceios de facer, aínda que sexa desfacendo”. O futuro de Galicia construímolo nós. Galicia continúa sendo a nosa ineludible tarefa.
Artigo publicado no Faro de Vigo o dia 23 de abril de 2012 por Manuel Bragado, director de Xerais sobre a reedición facsímile, en Xerais, de Galicia como tarea, o emblemático ensaio de Valentín Paz Andrade.
Fonte: Faro de Vigo

FAITE SOCIO DA BIBLIOTECA E LÉVAO PARA LER NA TÚA CASA

Chiquitube: Novos vídeos e contidos


Para que estes días de Nadal, Fin de Ano e Reis os mais pequenos non se aburran moito, deixámovos información da páxina web de Chiquitube para que se divirtan en familia.

Pasadeo ben e gozar destas festas.


¡Feliz Nadal!

Disfruta das novas canles que te ofrecemos este nadal:

- Karaoke

- Panxoliñas

- Novos vídeos de Disney

- E moito máis...

entra en Chiquitube.com e goza deles co teu peque.

Recorda que é unha versión BETA e quedan aínda moitas sorpresas por desvelar e vídeos que publicar, se non queres perderte ningunha novidade seguenos en Facebook o en Twitter.



mércores, 2 de xaneiro de 2013

Conto de Nadal. Contos para nenos

"Pollo Loco" relata a historia dun señor egoísta que queda só en Nadal.

Un conto curto co que educar en valores aos nenos.

Unha historia que forma parte dunha selección de contos infantís con marionetas para pasar un bo intre cos nenos este Nadal.

Agradecementos a:
A Asociación Cleo e ás artistas Carmen Peña Bruzzo e Génesis Peña Bruzzo
Categoría Ensino
Licenza estándar de YouTube



Fonte: Youtube

La extraña biblioteca sin libros

biblioteca-amsterdam.png
La biblioteca de la Universidad de Amsterdam

Ni estanterías, ni largas hileras de libros que las recorran. Así es la biblioteca de la Universidad de Amsterdam, que hasta 5.000 universitarios emplean cada día. En ella reina una atmósfera peculiar, acentuada por las luces de neón y las blancas paredes del interior del edificio.

Su aspecto es poco acogedor, aunque las zonas de lectura añaden alguna que otra nota de color con sillas y mesas en tonos diferentes, desde el verde hasta el naranja, además de las amplias salas disponibles para trabajos en grupo.

¿Lo más extraño de todo? Los libros son tratados como materiales de laboratorio, cuidados hasta el último detalle y guardados en unas pequeñas cajas rojas con números blancos como identificación. Un lugar destinado más al almacenaje de miles de publicaciones que al disfrute de la lectura.

Su fría atmósfera responde a un proyecto de arquitectura y diseño interior realizado por Ira Koers y Roelof Mulder, que se encargaron de llevar a cabo la remodelación. Su trabajo ha sido galardonado en varias ocasiones y fue premiado en 2009 por Great Indoor Award. Una biblioteca diferente y extraña.

Por Evasion | 8:48 - 7/12/2012
Fuente: El Economista

martes, 1 de xaneiro de 2013

VOLVEMOS A ESTAR OPERATIVOS

Hola amig@s,

A partir de mañán día 2 de xaneiro volvemos a estar novamente a vosa disposición e con moitas ganas de facer cousas novas dentro das posibilidades e recursos dos que dispoñemos.

O noso horario segue sendo o mesmo de 09,00 a 14,00 horas de Luns a Venres. Os Sábados, Domingos e festivos o centro permanecerá pechado.

Queremos atendervos o mellor posible e establecer unha colaboración aberta entre o centro e os usuarios, polo que gostaríanos dabondo que colaborarades con nos para mellorar o servizo indicándonos os vosos gustos literarios, expectativas, necesidades, etc., para así poder prestar un mellor servizo público e de calidade.

Esperamosvos en BIBLIOPAZOS.

luns, 31 de decembro de 2012

FELIZ ANO NOVO

Imos abrir o libro, as súas páxinas están en branco, escribamos palabras sobre nós mesmos. O libro chámase oportunidade e o seu primeiro capítulo é o día de Ano Novo.
 
Comecemos o ano novo con determinación para que os nosos soños se fagan realidade.
Dende BIBLIOPAZOS desexamos de todo corazón que Deus guíe cada paso que deades na vida e que nunca vos rendades cando se trate de loitar polos vosos soños. 

Agora toca brindar e gozar

Imagenes Gratis para Navidad y Año Nuevo 2013 
Un forte abrazo, moita saúde, moita sorte e moitísimo ánimo para o


 

Distancias - Recomendación de LECTURA ADULTOS

DISTANCIAS
Sinopsis
Primeira novela de Paco Yáñez, ...distancias... é un camiño aberto ao noso propio corazón a través do percorrido vital dun mestre destinado a unha pequena escola da Costa Morte; un exilio interior que o irá separando de todo o mundo no que asentara a súa vida, e cuxa ausencia irá provocando que os lazos e as raíces coas que nos conectamos á nosa existencia vaian secando nel por mor da separación, ao tempo que lle obrigan a buscar refuxio noutras realidades que, quizais, poidan resultar insuficientes ante o baleiro que depara a soidade.

Redactada a camiño entre o diario, a novela e mais o ensaio, ...distancias... propón unha reflexión profunda sobre o valor e o sentido da arte e da cultura na conformación da nosa persoa; un valor que entra en crise cando a nosa identidade sofre un continuado distanciamento físico e psicolóxico dos paraísos perdidos, pero que sempre ofrece un espello no que nos poder observar a través da longa experiencia de séculos da humanidade no recoñecemento de si mesma, na procura da comprensión do que fomos, somos ou criamos ser.

Datos do libro
  • Nº de páxinas: 224
  • Encadernación: Tapa branda
  • Editoril: BAIA EDICIONS
  • Lígua: GALEGO
  • ISBN: 9788496893597
FAITE SOCIO DA BIBLIOTECA E LEVAO PARA LER NA CASA

Dunha vez era ... unha montaña - LECTURA INFANTIL

Dunha vez era ... unha montaña
Ánxeles Ferrer
Ilustracións de Ánxeles Ferrer

Col. Ler é Vivir. Serie Vermella.
Everest Galicia. A Coruña, 2009
A partir de  6 anos

Llum era unha montaña que acollía no seu manto verde a moitos animais e centos de árbores milenarias. Amiga das nubes de choiva, enredaban no seu cumio para xogar con ela. As folerpas de neve tecían para ela un fermoso traxe de algodón. Polas noites, soñaba que no seu arboredo habitaban dragóns, magos e trasnos, e logo contáballes estes soños aos nenos antes de durmir.

Aos habitantes da vila que tiña nunha das súas abas proporcionáballes leña e auga. Ata que triparon a súa delicada pel con máquinas e queimaron as árbores buscando un valioso tesouro que dicían que agachaba no seu interior. Ela tanto chorou que foi encollendo e acabou convertida nun montón de terra queimada, onde agromou unha flor porque o seu corazón seguiu latexando.

Soñou con ela unha rapaza, Stella, nunha haima do deserto. E alá lle levou a flor o Mago Camiñante. Entre os dous, enterraron a raíz na area, e el chamou pola Choiva, que a regou, polo Vento, que trouxo unha suave brisa, e polo Sol para que a quecese. Entón, a flor agarrouse á nova terra e Llum comezou a medrar ata volver ter un fermoso arboredo e nubes de choiva a enredar no seu cumio. E polas noites volveu soñar soños, que lles contou aos nenos antes de durmir.

Un deles é o propio texto, que deixa un espazo moi relevante ao delicado traballo de ilustración.

48 p. - 19x12 cm.
ISBN    978-84-403-1109-2

Fonte: BLIX

domingo, 30 de decembro de 2012

RTVE ofrece en su web el archivo histórico de la Filmoteca Española

Incluye todas las ediciones del No-Do y joyas de la cinematografía 

nodortve.jpg

RTVE ha abierto hoy los archivos de Filmoteca Española a la consulta libre de internautas e investigadores, a través de un espacio en su web, www.rtve.es/filmoteca, que alojará el mayor fondo audiovisual histórico de España en Internet.

La iniciativa la presentaron este jueves en Torrespaña el presidente de RTVE, Leopoldo González-Echenique; el secretario de Estado de Cultura, José María Lassalle; el director de Filmoteca Española, José María Prado, y el director de Medios Interactivos de RTVE, Ricardo Villa. Estárán disponibles másde 700 horas y 4.000 vídeos, a los que se podrá acceder también desde móviles, consolas, tabletas y televisiones conectadas. Entre los primeros fondos disponibles están imágenes de la I Guerra mundial, la llegada del tren a la estación en Barcelona, imágenes de Alfonso XIII, las vanguardias españolas, la guerra civil o la vida social del franquismo.

Pero también habrá sitio para la ficción de una época, con películas míticas como Un perro andaluz (1929), de Luis Buñuel, en su versión recién restaurada; la considerada primera película sonora del cine español, El misterio de la Puerta del Sol (1929), de Francisco Elías Riquelme, y documentos históricos como El orador o la mano (1928), genial y surrealista monólogo de Ramón Gómez de la Serna, según informa la web de RTVE. Entre la historia documentada destacan fondos como las imágenes de Alfonso XIII o la Guerra en imágenes, una coproducción de TVE y Filmoteca con los documentales producidos por ambos bandos de la Guerra Civil. Entre los fondos internacionales sobresale Europa 1914, un proyecto de colaboración de las filmotecas europeas para compartir los fondos sobre la Gran Guerra.

También se pueden consultar al completo los noticiarios del No-Do, desde su primera proyección en enero de 1943, hasta su desaparición en mayo de 1981. Son 4.011 noticiarios y más de 700 horas de imágenes que reflejan la vida social, cultural y política del franquismo y la transición. El No-Do, de obligatoria proyección en las salas de cine de territorio nacional y colonias durante 38 años, fue el medio cinematográfico de la dictadura del General Franco para su propaganda, pero también un hilo de España con el mundo exterior. "Su lanzamiento en RTVE.es supone una herramienta única para historiadores, investigadores y estudiantes, pero también para el público en general para conocer la historia audiovisual de España y la evolución de la sociedad", indica RTVE.

La labor de recuperación, digitalización y documentación de estos fondos de Filmoteca Española ha sido un proceso laborioso y minucioso realizado por los profesionales del Fondo Documental de TVE en Prado del Rey. Únicamente faltan cinco noticiarios que no han podido ser recuperados y se han incluido los que perdieron su sonido en un incendio en agosto de 1945. Todo ello se ha realizado en colaboración con Filmoteca Española, el archivo histórico que custodia el patrimonio fílmico español y que tiene como misión recuperar, investigar y conservar el patrimonio cinematográfico y promover su conocimiento.

Medios Interactivos de RTVE ha creado esta web ordenándola por cronología, semanas, temas o por búsqueda libre. Junto a los noticiarios se puede consultar el programa de mano que producía Noticiarios y Documentales Españoles y que se entregaba en las salas. La web se ha diseñado con una sencilla navegación con vídeos en alta calidad. Se puede acceder desde ordenadores, móviles, consolas, tabletas y televisiones conectadas.

20/12/2012 - 14:06 - Servimedia
Fuente: ecotuve.es

Que estou a tocar? - PRELECTORES

Que estou a tocar?
Tambre Editorial, Col. Xela nº 2, 2008
Prelectores  (+18 meses)

Adiviña o que se agacha en cada páxina, e descobre o mundo a través dos sentidos.

Así empeza
É brandiño.
Podo abrazado e arrolalo.
Prestame achegalo á cara. É suaviño!
Que estou a tocar?


Nº páx.: 24
ISBN: 978-84-92404-10-0
Xénero: Contos
 FAITE SOCIO DA BIBLIOTECA E LÉVAO PARA LER NA CASA