xoves, 3 de xaneiro de 2013

Do A ao Z con... Uxío Novoneyra - LECTURA INFANTIL

Do A ao Z con... Uxío Novoneyra
Francisco Xosé Fernández Naval
Ilustracións de Manuel Uhía
Col. Ler é Vivir. Serie Morada
Ed. Everest Galicia, A Coruña, 2010
A partir de 10 anos

Uxío Novoneyra é o escritor a quen se lle dedicou a festa das letras galegas de 2010. Poeta fortemente vinculado á terra -que cantou e interpretou nos seus versos cheos de ritmo, de forza e de referencias á natureza-, destaca polo seu compromiso coa lingua de Galicia, coa paz e coa liberdade. A serra do Courel, Galicia, os bidueiros, o río, a auga ou o silencio, así como as persoas queridas como María Mariño ou Otero Pedrayo, forman parte do universo dos seus versos e delas válese Fernández Naval para ofrecer neste abecedario esencial a súa partibular interpretación dun autor que lle é particularmente querido.
Pax: 60
ISBN: 978-84-403-1143-6
Fonte: Culturagalega.org 


FAITE SOCIO DA BIBLIOTECA E LÉVAO PARA LER NA CASA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.