E para rematar as actividades deste mes o Martes día 20 de Maio ás 10:30 horas nas instalacións do CPI "Curros Enríquez" de Pazos visitarános outro ano máis Quique Mauricio e Carlos Taboada do colectivo POLO CORREO DO VENTO que nos traerán o Contacontos ilustrado "CANTAREIRAS: A poesía popular nas Letras Galegas 2025", baseado no libro do mesmo título dos citados autores, ilustrado por Tania Solla, e editado por Lela Edicións.
Con esta proposta orientada ao público infantil conmemoraremos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS nunha actividade na que se narrará oralmente a historia, sempre dando pinceladas da obra e vida das homenaxeadas deste ano, e faremos un obradoiro de debuxo no que realizaremos unha caricatura dunha cantareira galega.
O Concello adquiriu 100 exemplares do libro e cada un dos asistentes a este evento será agasallado cun exemplar; ademais tamén entregaranse varios exemplares ás Bibliotecas do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e da Asociación ASPAVI, ata acabar as existencias.
Están convidados a asistir a esta actividade o alumnado de Infantil e 1º a 3º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e o alumnado de Infantil da EEI "A Galeriña" de Nespereira.
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA