venres, 23 de febreiro de 2024

Con "HISTORIAS SOÑADAS" de TRÉMOLA TEATRO continuamos conmemorando en Pazos de Borbén o aniversario do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO


No Concello de Pazos de Borbén continuamos conmemorando o 187 aniversario do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO a través das actividades organizadas pola Biblioteca Pública Municipal coas que nos adherimos ás homenaxes á autora que se celebran estos días en toda Galicia e en todo o mundo.

A segunda destas actividades terá lugar o próximo Lúns 26 de Febreiro tamén no Auditorio do Concello, no que contaremos coa visita de PAULA REGUEIRO GARCÍA de TRÉMOLA TEATRO que nos traerá o contacontos "HISTORIAS SOÑADAS"un espectáculo creado a partir de textos e vida de Rosalía de Castro que mestura poesía, cancións e música para achegar ás crianzas a unha das figuras máis importantes do Rexurdimento Galego.

Haberá dúas sesións deste espectáculo, a primeira sesión será de 11:15 a 12:15 horas á que están convidados a asistir o alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria do CPI "Curros Enríquez de Pazos; e o alumnado da EEI "A Galeriña" de Nespereira.

A segunda sesión terá lugar de 13:00 a 14:00 horas e a ela asistirá o alumnado de 3º a 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.