venres, 19 de xaneiro de 2024

GALA DE ENTREGA DE PREMIOS DO "V CERTAME DE RELATO CURTO" DO CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN - (5) CATEGORÍA E: ALUMNADO DE 5º e 6º DE PRIMARIA

Voltamos con informacions da Gala de entrega de premios do V CERTAME DE RELATO CURTO de Pazos de Borbén do martes 19 de decembro de 2023 no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén, na que participaron os presentados ao Certame; os mestres do CPI "Curros Enríquez" de Pazos; monitores e usuarios da Asociación ASPAVI; e tamén algúns veciños e veciñas.

No acto presidido polo Alcalde do Concello de Pazos de Borbén D. Xosé Luciano Otero Camiña tamén estiveron presentes os concelleiros Dª Mª Victoria Couñago Corujeira e D. Ivan Martínez Ventín; a Deputada provincial Dª Mª Sandra Bastos Míguez; e os membros do xurado do Certame Dª Uxía Porrit Lueiro, Dª Andrea Barreira Freije; D. Miguel Anxo Alonso Diz; Dª Mª Isabel Lorenzo Castro, D. Manuel González Pastoriza e D. José Manuel Soto Virulegio.

Neste ocasión tócalle a quenda á entrega de premios aos participantes da:

CATEGORÍA E.- ALUMNADO DE 5º E 6º DE PRIMARIA:

Participantes da Categoría E: Alumnado de 5º e 6º de Primaria cos membros do xurado e autoridades

Nesta categoría o Primeiro premio ao traballo presentado baixo o título “PERUS POR QUEUS?” e o pseudónimo de “MHSILLAÑAMÑAMÑAM”. Aberta a plica correspondeu a autoría de XIAN BOUBETA COMESAÑA, de 10 anos, estudante de 5º de Primaria.

Para ver o traballo fai CLIC no título

Xián Boubeta Comesaña recibe o premio entregado pola mestra e membro do xurado Dª Uxía Porritt Lueiro

Segundo premio ao traballo presentado baixo o título “A CASA DA ÁRBORE” e o pseudónimo de “DANIGO”. Aberta a plica correspondeu a autoría de DANIEL GONÇALVES OTERO, de 10 anos, estudante de 5º de Primaria.

 Para ver o traballo fai CLIC no título

Daniel Gonçalves Otero recibe o seu premio entregago polo Alcalde do Concello D. Xosé Luciano Otero Camiña

O xurado considerou premiar con accésit nesta categoría aos traballos seguintes:

 Traballo presentado baixo o título “ATRAPADO” e o pseudónimo de “CHALICOTERIUM”. Aberta a plica correspondeu a autoría de GABRIEL CASTRO GARRIDO, de 11 anos, estudante de 6º de Primaria.

 Para ver o traballo fai CLIC no título

Gabriel Castro Garrido recibe o seu premio de mans do escritor e membro do xurado D. Miguel Anxo Alonso Diz

Traballo presentado baixo o título “NON É O COMEZO SE NON O FINAL” e o pseudónimo de “MATEO”. Aberta a plica correspondeu a autoría de MATEO PAZ ÁLVAREZ, de 11 anos, estudante de 6º de Primaria.

 Para ver o traballo fai CLIC no título

Mateo Paz Álvaarez recibe o premio da escritora e membro do xurado Dª Andrea Barreira Freije

Como nas restantes categorías finalizada a lectura dos premiados chamouse un por un ao resto de participantes non premiados nesta categoría para entregarlles o Diploma acreditativo da súa participación no certame e un libro de agasallo.

Tamén se entregaron uns lotes de libros para as aulas de 5º e 6º de Primaria.

A mestra Dª Uxía Porritt Lueiro recibe os lotes de libros para as aulas de 5º e 6º de Primaria de mans do escritor Miguel Anxo Alonso Diz

NOTA: O resto de datos e imaxes da entrega de premios aos gañadores e participantes desta e das restantes categorías serán publicadas en novas noticias que sairán nos próximos días.

Esta actividade enmárcase no programa de actividades de dinamización da Lingua Galega do ano 2023 "OBRADOIROS E CERTAME DE CREACIÓN LITERARIA" organizado pola Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén e que conta coa axuda e patrocinio o Departamento de Lingua da Deputación Provincial de Pontevedra.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.