|
Participantes da Categoría C: Alumnado de 1º e 2º de Primaria cos membros do xurado e autoridades |
Xa estamos de volta outra vez coa Gala de entrega de premios do V CERTAME DE RELATO CURTO de Pazos de Borbén do pasado martes 19 de decembro de 2023 no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén, na que participaron os presentados ao mesmo; os mestres do CPI "Curros Enríquez" de Pazos; os monitores e usuarios da Asociación ASPAVI; e tamén algúns veciños e veciñas.
O acto presidido polo Sr. Alcalde-Presidente do Concello D. Xosé Luciano Otero Camiña contou tamén coa presencia dos concelleiros Dª Mª Victoria Couñago Corujeira e D. Ivan Martínez Ventín; da Deputada provincial Dª Mª Sandra Bastos Míguez; e dos membros do xurado do Certame.
Houbo varias inervencións por parte dos membros do xurado Dª Uxía Porrit Lueiro e Dª Andrea Barreira Freije; da Deputada provincial Dª Mª Sandra Bastos Míguez e do Sr. Alcalde D. Xosé Luciano Otero Camiña, e ao finalizar éstas procedeuse á entrega dos premios aos galardoados e galardoadas polo xurado.
Agora imos coa entrega de premios aos participantes da seguinte categoría:
CATEGORÍA C.- ALUMNADO DE 1º E 2º DE PRIMARIA:
O Primeiro premio correspondeu ao traballo presentado baixo o título “A XOANIÑA QUE PERDEU OS PUNTOS” e o pseudónimo de “O MACACO”, presentado por ANXO FRAGUEIRO OTERO, de 7 anos, estudante de 2º de Primaria.
Para ver o traballo fai CLIC no título
|
Anxo Fragueiro Otero recibe o seu premio de mans da Deputada provincial Dª Mª Sandra Bastos Míguez |
O Segundo premio foi para o traballo presentado baixo o título “O PEIXE LANTERNA QUE QUERÍA VER A LUZ DO SOL” e o pseudónimo de “MODRICK”, presentado por LUCAS RIVAS FONTÁN, de 7 anos,
estudante de 2º de Primaria.Para ver o traballo fai CLIC no título.
|
Lucas Rivas Fontan recibe o seu premio da Directora da Asociación ASPAVI e membro do xurado Dª Mª Isabel Lorenzo Castro |
O xurado considerou premiar con Accésits nesta categoría aos traballos seguintes:Traballo presentado baixo o título “AS DÚAS BAILARINAS” e o pseudónimo de “ESTRELLA” presentado por ARIADNA RAMÍREZ PÉREZ,
de 7 anos, estudante de 2º de Primaria. Adriana non asistiu á Gala polo que o seu premio foi entregado a súa mestra.
Para ver o traballo fai CLIC no título.
Traballo presentado baixo o título
“A TARTARUGA QUE TIÑA MEDO” e o pseudónimo de
“VIOLETA” presentado por
ELENA RODRÍGUEZ MARTÍNEZ, de
7 anos, estudante de
2º de Primaria.
Para ver o traballo fai CLIC no título.
|
O Concelleiro D. Iván Martínez Ventín entrega o premio a Elena Rodríguez Martínez |
Ao final da lectura dos premiados chamouse un
por un ao resto de participantes non premiados nesta categoría para
entregarlles o Diploma acreditativo da súa participación neste certame e un
libro de agasallo.
Entregouse tamén un lote para as aula de 1º e 2º de
Primaria.
|
A mestra de 2º de Primaria recibe o lote de libros que lle entrega a membro do Xurado Dª Uxía Porritt Lueiro |
NOTA: O resto de datos e imaxes da entrega de premios dos gañadores e participantes desta e doutras categorías publicaránse en novas noticias que sairán nos próximos días.
Esta actividade enmárcase no programa de actividades de dinamización da Lingua Galega do ano 2023 "OBRADOIROS E CERTAME DE CREACIÓN LITERARIA" organizado pola Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén e que conta coa axuda e patrocinio o Departamento de Lingua da Deputación Provincial de Pontevedra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.