ARTUR E CLEMENTINA
Autora: Adela Turin
Ilustracións: Nella Bosnia
Tradución: Eva Almazán
Kalandraka Editora
Xénero: Literatura infantil en Galego - Contos
Idade recomendada: +6 anos
Hai máis de trinta anos, Adela Turín comezou a publicar en Italia a colección "Dalla parte delle bambine". Moi pronto Esther Tusquets editouna en España como "A favor de las niñas", e converteuna nunha colección de referencia para a coeducación e a igualdade.
Transcorreu moito tempo desde aquela primeira edición, pero hoxe estes libros seguen sendo necesarios.
"O afecto e a ilusión que caracterizan o inicio da relación entre Artur e Clementina, acaban converténdose en monotonía e prisión. Clementina non se sente realizada, libre e feliz; a súa parella subestima as súas cualidades e ridiculiza as súas aspiracións. En vez de ofrecerlle comprensión e respecto, a actitude de Artur anula a súa personalidade e xéralle unha dinámica de dependencia, ao sobrecargala de obxectos materiais que non satisfan a súa ansia de desenvolvemento persoal".
Unha historia fabulada que reivindica o rol feminino na sociedade, combate os estereotipos sexistas e denuncia a discriminación. Porque aínda se necesitan obras sobre coeducación e igualdade.
ISBN: 978-84-8464-785-0
Nº de páxinas: 40
Encadernación: Tapa dura - Cartoné
Formato: 21,5 x 27 cm