xoves, 10 de marzo de 2022

A ÁRBORE DOS VAGALUMES

A ÁRBORE DOS VAGALUMES
Autora: Xulia María Barros
Ilustracións: Diego Salgado
Belagua Ediciones y Comunicación SL

Xénero: Literatura Infantil Galega - Contos

Idade recomendada: +6 anos

Unha emotiva historia interxeracional, sobre o valor dos afectos, o respecto aos maiores e, sobre todo, a importancia de conservar a memoria, é dicir, a capacidade de non esquecer de onde vimos.

A mirada poética e chea de amor dun avó ao seu neto Santi convídanos a entrar nun mundo máxico, alumeado polo simbolismo dos vagalumes e o coidado dunha árbore marabillosa.

Santi descubrirá nese mundo a historia da illa de San Simón, que ve desde a súa casa, e comprenderá o valor da memoria e a necesidade de non esquecer de onde vimos.

Xulia María Barros (Redondela, 1966) é escritora e terapeuta. Publicou o libro de poemas Carne y Ceniza e a obra infantil Cumba Maxia da Terra, representada en xira pola compañía de monicreques Pequeñoles.

Como terapeuta e facilitadora de obradoiros en Crecemento Persoal e Educación Emocional desenvolve o seu traballo a través da psicoloxía, a música, a arte e a poesía.

Tamén como intérprete musical publicou o disco A Porta Aberta e escribiu e interpretou diferentes espectáculos poético-musicais, entre eles Noites de Galicia, que levou por diversos escenarios da nosa terra e da Arxentina.

ISBN:978-84-121433-4-8
Encuedernación: Rústica con lapelas
Formato: 14 x 21 cm
Nº de páginas: 56

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.