luns, 2 de maio de 2022

FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN - DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022

O vindeiro día 17 de Maio celebramos un novo DÍA DAS LETRAS GALEGAS dende que o 20 de marzo de 1963 os tres membros da Real Academia Galega -Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego- presentaran nesta institución unha proposta histórica: que se declarase ese día de cada ano "DIA DAS LETRAS GALEGAS" como data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega". Por iso cada ano, nesta data, Galicia honra as súas Letras e a súa Lingua.

No ano 1963 celebrábase o centenario da publicación do libro "CANTARES GALLEGOS" de Rosalía de Castro, pero ignorábase a data da súa publicación por iso propúxose o día 17 de maio, por ser nese día cando Rosalía de Castro lle dedicou o seu libro ao tamén poeta Fernán Caballero; e así foi como se instituíu como festa anual do Día das Letras Galegas o 17 de maio. Escolleuse esta data porque "CANTARES GALLEGOS" foi o primeiro libro galego que tivo unha significación universal.

Neste ano 2022 o autor homenaxeado é o poeta valdeorrés FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN:

FLORENCIO MANUEL DELGADO GURRIARÁN nace en Córgomo, Concello de Vilamartín de Valdeorras, en agosto de 1903, no seo dunha familia valdeorresa abastada. Súa nai Consuelo Gurriarán Díaz proviña de ferróns vasco-navarros con dedicación á vitivinicultura e aos labores ferreiros nas bocarribeiras do Sil e do Leira desde a Idade Media. Pola póla de seu pai, seu avó Constantino Delgado Gurriarán era agrimensor e propietario de terras. O pai de FDG, tamén Florencio, que era perito agrónomo, obrigou a familia a continuos traslados, desde que «Florenciño» tiña seis anos: Ourense, Palencia e Valladolid. Nesta última cidade comeza estudos universitarios de dereito. Alá espertou cara ao «protonacionalismo» ao ler o xornal A Nosa Terra, voceiro das Irmandades da Fala. Estamos a falar do treito temporal entre 1918 e 1924. Anteriormente lera a Rosalía, Curros e Cabanillas na biblioteca familiar de Córgomo, onde tan só acudía os veráns. Estas lecturas espertaran a súa vocación poética...

Para saber máis da biografía da autora, fai clic AQUÍ.

Para coñecer mellor a vida e obra de FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN, autor homenaxeado este ano 2022 no Día das Letras Galegas, tendes nas seguintes páxinas webs un montón de documentos e actividades  para imprimir e para facer en liña:

 

-Web do Seminario Galán para os rapaces e rapazas desde Infantil a 6º de Primaria.


-Web da Real Academia Galega con propostas lúdicas e didácticas para todas as idades.



-Web O Portal da Lingua Galega da Secretaría Xeral de Política Lingüística no que atoparedes moitísimos recursos e información sobre o autor: exposicións, actividades dinamizadoras, videos, etc.
 

-Web Primaveira das Letras da Real Academia Galega que podedes visitar e que dispón dun montón de actividades para coñecer mellor á vida e obra do protagonista das Letras Galegas de 2022.


EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.