sábado, 3 de abril de 2021

O XABARIL BRANCO


O XABARIL BRANCO
Autor: T
ucho Calvo
Ilustracións: Miguelanxo Prado
Ir indo Edicións
La Voz de Galicia

Xénero: Literatura Xuvenil Galega - Narrativa

O xabaril branco é unha fermosa historia de aventuras e amor que nos fai relembrar os grandes clásicos europeos da literatura xuvenil.

O seu protagonista, o Fito, inicia unha viaxe que o leva dende os Ancares ata Arxentina, pais no que coñecerá á muler da súa vida, Xela, o no que presenciará a dureza da conquista das terras dos indios araucanos.

Acompáñano nesta longa viaxe as ensinanzas do Futingo e o omnipresente xabaril branco. 

Esta novela foi publicada por entregas no xornal La Voz de Galicia no verán do 2000. Trátase da primeira obra galega á que se puido acceder dende Internet, e foi baixada por máis de dez mil persoas na primeira semana da súa difusión a través da rede.

ISBN: 84-7680-343-5
Nº de páxinas: 133
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 14 x 25 cm

venres, 2 de abril de 2021

BRAIS Y SU GUITARRA

 
BRAIS Y SU GUITARRA
Autores: Manuel Ojea Rúa, Nuria Diéguez García, Lucía Soto Escariz y Andrea Vieira Vázquez
Ilustraciones: Pilar Sevillano Cuadrado
Ediciones Aljibe S.L.

Género: Literatura Infantil en Castellano - Cuentos

Edad recomendada: +6 años

Cuento adaptado para niños y niñas con trastornos del espectro autista.

“Brais y su guitara” relata la historia de Brais, un chico de 14 años, al que le costaba mucho iniciar relaciones sociales con sus iguales...

Es un cuento universal, dirigido a todas las niñas y niños y adolescentes, pues en todos ellos despierta las sensaciones de colaboración y convivencia que cada uno tenemos dentro; pero, está especialmente adaptado para que las personas con trastorno del espectro autista (TEA) adquieran una comprensión semántica rápida de su contenido significativo.

Para ello, el cuento sigue una metodología altamente estructurada, realizando una síntesis progresiva de cada concepto, el cual se complementa con una imagen representativa, de modo que les es posible percibir y codificar sin esfuerzo el contenido propuesto y almacenar en la memoria permanente una imagen asociada del mismo, la cual actúa a modo de nodo o nexo relacional con dicho contenido, lo que facilita la recuperación de la información para relacionarla con el siguiente concepto y facilitar, en consecuencia, su aprendizaje.

ISBN. 978-84-9700-886-0
Nº de páginas: 144
Formato: 21 x 29,7 cm
Encuadernación: Cartoné

xoves, 1 de abril de 2021

SEOANE. O CREADOR NA SÚA TINTA. PRIMEIRA PARTE

SEOANE: O CREADOR NA SÚA TINTA
Primeira parte
Autor e ilustrador: Carlos Taboada
Lela Edicións
Colección: Homenaxes

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Banda deseñada

Idade recomendada: +12 anos

Banda deseñada sobre a biografía do creador Luis Seoane.

Nesta primeira parte se recolle a súa etapa de estudante, as súas lecturas, as primeiras ilustracións, os primeiros libros, revistas, exposicións, o seu activismo cultural e político... 

Mais tamén vemos como exerce o seu oficio de avogado laboralista e como asiste á derruba do sistema democrático co golpe de estado de 1936 que o obrigará a exiliarse a Arxentina.

Estes comezos revolucionarios e feitos tráxicos marcarán definitivamente a súa vida e serán esenciais para comprender a súa obra posterior, sempre vencellada á recuperación da memoria e a dignidade para o seu pobo.

ISBN: 978-84-946043-7-9
Nº de páxinas: 58
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 13 x 23 cm

mércores, 31 de marzo de 2021

NOVO MUNDO

NOVO MUNDO
Isabel Zendal na expedición da vacina
Autor e ilustrador: El primo Ramón
Traductor: Maruxa Zaera Landeira
Editorial Bululú

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +9 anos

No inverno de 1803 partiu de Galicia a Real Expedición Filantrópica da Vacina coa misión de acabar co azoute da variola nas colonias españolas de América e as illas Filipinas.

Vinte e un nenos recollidos nas casas de expósitos portaron nos seus propios corpos o fluído curaivo.

Novo Mundo conta a vida de Isabel Zendal, a enfermeira daquela expedición. Unha muller nada nunha humilde familia de labregos e obrigada a criar o seu fillo en solitario que acabou por se converter no elo imprescindible dunha xesta que supuxo un punto de inflexión na historia da medicina, dunha viaxe que mudou o mundo tal e como se coñecía ata entón.

ISBN: 978-84-949549-1-7
Nº de páxinas: 43
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 18 x 26 cm

martes, 30 de marzo de 2021

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2021 - "A MÚSICA DAS PALABRAS"


Desde BIBLIOPAZOS sumámonos outro ano máis aos actos para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL que se celebra en todo o mundo cada 2 de abril e que, en España, promove a Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI), sección española do IBBY (Internacional Board on Books for Young People) xunto coas súas catro seccións: Consejo General del Libro Infantil y Juvenil, Consell Catalá del Llibre Infantil i Juvenil (ClijCAT), Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX) e a Asociación de Literatura Infantil e Juvenil Galtzagorri Elkartea.

Dende 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL co fin de promocionar e fomentar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.

Cada ano unha Sección Nacional ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do DÍA DO LIBRO INFANTIL. Esa Sección elixe un tema e selecciona a un autor ou autora importante do país co fin de que escriba unha mensaxe para os nenos e nenas do mundo, e a un recoñecido ilustrador ou ilustradora para que deseñe un cartel que se difunde en colexios, bibliotecas, a través dos medios de comunicación, etc. Con este motivo organízanse diferentes actividades de animación, encontros con escritores e ilustradores, concursos e outras accións puntuais.

Neste ano 2021, o a sección encargada foi a de Estados Unidos (USBBY); a mensaxe é unha creación da escritora Margarita Engle (co título de "A música das palabras") e o cartaz é autoría de Roger Mello.

Se queres descargar o cartaz, a mensaxe e a información dos autores dos mesmos fai clic nos seguintes enlaces:

Descarga do cartaz.
Descarga da mensaxe.

MENSAXE
DO
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2021

Tradución de María Canosa


ANIMÁDEVOS A CONMEMORAR O
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

EL LIBRO DE GLORIA FUERTES PARA NIÑAS Y NIÑOS

 
EL LIBRO DE GLORIA FUERTES PARA NIÑAS Y NIÑOS
Autora: Gloria Fuertes
Antología, prólogo y textos biográficos: Jorge de Cascante
Ilustraciones: Marta Altés
Blackie Books

Género: Literatura Infantil Castellana - Poesía - Narrativa

Edad recomendada: +11 años

LA LITERATURA INFANTIL DE GLORIA FUERTES EN UNA EDICIÓN PARA TODA LA VIDA

Una defensa de la infancia y de los sueños por encima de todas las cosas.

139 poemas y cuentos, todos los grandes clásicos gloristas: «El hada acaramelada» «La oca loca» «El Dragón Tragón» «La pata mete la pata» «Donosito, el oso osado» «Piopío Lope (el pollito miope)» «Cangura para todo» «La tortuga presumida» «Coleta la poeta» Y muchos más...

Esta edición única profusamente ilustrada por Marta Altés, nuestra ilustradora de mayor proyección internacional, incluye:
  • Un prologuillo escrito por Gloria Fuertes a mediados de los 80 para una antología que jamás se publicó.
  • Cartas de las niñas y niños que Gloria recibió a lo largo de los años en su buzón.
  • Una carta abierta a todos los maestros firmada por la poeta.
  • Una selección de algunos de los poemas escritos por las niñas y niños que participaron en el Premio de Poesía Infantil Gloria Fuertes a lo largo de todas sus ediciones.
  • Fotografías personales de la autora junto a sus fans más pequeños.
  • Historias y episodios de la vida de Gloria Fuertes narrados especialmente para los niños, y un consultorio, «Pregúntale a Gloria», para que conozcan la vida y la filosofía de la autora de su propia voz.

Libro donado por la Fundación Filomena Rivero Alonso

ISBN: 978-84-17059-21-7
Nº de páginas: 384
Formato: 12 x 19 cm
Encuadernación: Tapa dura

luns, 29 de marzo de 2021

GELSOMINO NO PAÍS DOS MENTIRÁNS

GELSOMINO NO PAÍS DOS MENTIRÁNS
Autor: Gianni Rodari
Ilustracións: Pablo Otero
Tradución: Isabel Soto
Kalandraka Editora

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +9 anos

Vivían sometidos a leis inxustas ata que Gelsomino decidiu amosar a verdade, tirar da manta e airear as estancias do palacio real.

A súa voz potente e ingobernable simboliza o inconformismo e o compromiso do autor coa xustiza e coa transformación social.

ISBN: 978-84-1343-045-4
Nº de páxinas: 200
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 15 x 23 cm

domingo, 28 de marzo de 2021

DICIONARIO ILUSTRADO DA RECICLAXE NO FOGAR

DICIONARIO ILUSTRADO DA RECICLAXE NO FOGAR
Autor: Gemma Sesar
Ilustración: Fausto Isorna
El Patito Editorial

Xénero: Diccionarios - Libros informativos

Idade recomendada: + 9 anos

As clásicas preguntas de Que? Como? Canto? Por que? Cando? Onde? son difíciles de responder cando estamos diante dos residuos que xeramos cada día. O reciclado é unha preocupación da sociedade actual, pero muitas veces a falta de información clara e sinxela fai que teñamos múltiples dúbidas á hora de depositar o lixo. Neste Diccionario ilustrado atoparás 150 entradas nas que se explica de maneira concisa cómo reciclar correctamente gran número de obxetos de uso común, coa indicación do contedor no que deben depositarse.

Se prestamos un pouco de atención, entre todos podemos mellorar o planeta con xestos moi simples.

Un manual tan imprescindible que únicamente nos preguntamos cómo non se fixo antes.

ISBN: 978-84-122478-0-0
Nº de páxinas: 64
Encuadernación: Tapa branda
Formato: 14 x 20 cm