mércores, 31 de marzo de 2021

NOVO MUNDO

NOVO MUNDO
Isabel Zendal na expedición da vacina
Autor e ilustrador: El primo Ramón
Traductor: Maruxa Zaera Landeira
Editorial Bululú

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +9 anos

No inverno de 1803 partiu de Galicia a Real Expedición Filantrópica da Vacina coa misión de acabar co azoute da variola nas colonias españolas de América e as illas Filipinas.

Vinte e un nenos recollidos nas casas de expósitos portaron nos seus propios corpos o fluído curaivo.

Novo Mundo conta a vida de Isabel Zendal, a enfermeira daquela expedición. Unha muller nada nunha humilde familia de labregos e obrigada a criar o seu fillo en solitario que acabou por se converter no elo imprescindible dunha xesta que supuxo un punto de inflexión na historia da medicina, dunha viaxe que mudou o mundo tal e como se coñecía ata entón.

ISBN: 978-84-949549-1-7
Nº de páxinas: 43
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 18 x 26 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.