domingo, 27 de febreiro de 2022

CRIANDO MALVAS

CRIANDO MALVAS. Os Minimortos 2
Autora: Ledicia Costas
Ilustracións: Mar Villar
Edicións Xerais de Galicia
Coleción: Sopa de Libros

Xénero: Literatura Infantil Galego - Narrativa

Idade recomendada: +9 anos

Petunio leva días preocupado. As flores que viven na súa cabeza están algo murchas. Necesita unha solución. Decide visitar a Dinamito e pedirlle axuda, pero todo se vai torcer dunha forma incrible.

Por un erro de cálculo, as flores de Petunio empezan a medrar sen control ata se transformaren nunha planta carnívora xigante que só ten unha idea na súa mente: COMER.

Os Minimortos terán que dar co xeito de liberar a Petunio da planta carnívora e, o máis importante, rescatar a Verdura.

ISBN: 978-84-9121-727-5
Nº de páxinas: 56
Encuadernación: Tapa branda
Formato: 14 x 20 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.