venres, 16 de abril de 2021

SERES FANTÁSTICOS DO CAMIÑO

SERES FANTÁSTICOS DO CAMIÑO
Autor e ilustrador: Xan Eguía
Editorial Bululú

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Banda deseñada

Idade recomendada: +10 anos

O protagonista deste libro pérdese no medio do bosque e na súa procura da saída atoparase aos máis variados personaxes da mitoloxía popular dos Camiños de Santiago, que son os verdadeiros protagonistas deste libro.

Son fantásticos porque moitos aseguran velos ao longo dos séculos narrándonos as súas fazañas incribles. Son misteriosos e fuxidíos, por iso ninguén os conseguiu entrevistar nin fotografar pero, sobre todo, son moi divertidos e moi diferentes; asustadizos, loitadores, enredadoresvariados como a rica tradición popular que nolos legou e únicos porque sobreviviron ao exterminio do desenvolvemento consumista, ao terror da falta de imaxinación e á vida acelerada do avanzado Homo occidentalis.

ISBN: 978-84-122577-2-4
Nº de páxinas: 68
Encuadernación: Tapa branda
Formato: 14 x 21 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.