domingo, 21 de febreiro de 2021

TRES BICHOCOMAS, DÚAS ILLAS E UNHA SEREA

TRES BICHICOMAS, DÚAS ILLAS E UNHA SEREA
Autora: Rosa Aneiros
Ilustrador: Abi Castillo
Edicións Xerais de Galicia
Colección: Merlín

Xénero: Literatura Infantil Galego - Narrativa

Idade recomendada: +9 anos

Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade 2018

Edelmira odia dúas cousas por riba de todo: a nata do leite e o seu nome. A primeira consegue eliminala cun coador vello, pero da segunda non hai maneira de librarse. Chámanlle así polo avó Edelmiro, e el tampouco lle gusta nada porque é un verdadeiro túzaro. 

Por iso, cando o seu pai lle anuncia que pasará o verán co avó en Marabilia, Edelmira non pode crelo. Van ser uns meses terribles! Mais todo muda na aburrida aldea coa chegada de dous nenos, André e Daniel, cos que inicia arriscadas expedicións na procura de corsarios choscos, frotas de flamengos e gatos con cola de dinosauro.

Ata que algo aparece inesperadamente no mar para mergullalos nunha extraordinaria aventura que os converterá en afoutos bichicomas.

ISBN: 978-84-9121-568-4
Nº de páxinas: 152
Encuadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 19 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.