sábado, 30 de maio de 2020

A VERDADEIRA HISTORIA DE CARAPUCHIÑA VERMELLA


A VERDADEIRA HISTORIA DE CARAPUCHIÑA VERMELLA
Autor: Asociación BATA
Ilustrador: Marc Taeger
Edita: Kalandraka Editora, SL

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +5 anos

Este libro conta a historia de Carapuchiña Vermella, unha nena que vai a visitar a súa avoa polo camiño do bosque. Mais un lobo malvado a quere comer. Qué pasará?

Rescatada do folclore francés, esta versión de Carapuchiña xa é accesible con pictogramas para que a frescura e a sabedoría dos contos da avoa chegue con toda a súa esencia ás persoas con necesidades de apoio educativo.

ISBN: 978-84-8464-480-4
Nº de páxinas: 26
Encadernación: Tapa dura
Formato: 22,5 x 22,5

venres, 29 de maio de 2020

PIPPI MEDIASLONGAS EMBARCA


PIPPI MEDIASLONGAS EMBARCA
Autor: Astrid Lindgren
Ilustradora: Ingrid Vang Nyma
Edita: Kalandraka Editora, SL

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +9 anos

Pippi fechou coidadosamente a porta de Vilapenela e pendurou a chave nun gancho. Logo levantou o cabalo en peso e baixouno da solaina por derradeira vez. O señor Nilsson xa estaba no seu ombro con aire de seriedade.

Parecía saber que estaba a pasar algo especial. En verdade, ía ser algo moi especial.

ISBN: 978-84-8464-423-1
Nº de páxinas: 123
Encadernación: Tapa dura
Formato: 16,5 x 24 cm

xoves, 28 de maio de 2020

CÁNDIDO E OS DEMAIS


CÁNDIDO E OS DEMAIS
Autor: Fran Pintadera
Ilustrador: Christian Inaraja
Edita: Kalandraka Editora, SL

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +6 anos

XI PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA DE ÁLBUM ILUSTRADO 2018

Cándido non é como os demais. Cándido é especial. As veces síntese incomprendido. As veces síntese invisible. Pero tamén gústanlle cousas que lles gustan os demais.

A diferenza e a diversidade, a través das vivencias dun personaxe sensible, distinto; ou non tanto. Todo depende da mirada: a propia cara aos demais, e a allea cara a un mesmo.

ISBN: 978-84-8464-420-0
Nº de páxinas: 41
Encadernación: Tapa dura
Formato: 17,5 x 30 cm

mércores, 27 de maio de 2020

PIPPI MEDIASLONGAS


PIPPI MEDIASLONGAS
Autor: Astrid Lindgren
Ilustradora: Ingrid Vang Nyman
Edita: Kalandraka Editora, SL

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +6 anos

No cabo da vila, alí onde as rúas se transforman en camiños e comezan os prados, hai unha casa con xardín e solaina.

Nela vive unha nena que non ten máis compañía ca un cabalo e un macaco, o señor Nilsson. Chámanlle Pippi Mediaslongas e é a nena máis valente e divertida do mundo.

Así o pensan os seus amigos, Tommy e Annika, porque, dende que chegou a nova veciña, as súas vidas mudaron para sempre.

ISBN: 978-84-8464-339-5
Nº de páxinas: 125
Encadernación: Tapa dura
Formato: 16,5 x 24 cm

martes, 26 de maio de 2020

A ÁRBORE


A ÁRBORE
Autor: Petra Bartíková
Ilustradora: Magdalena Takácová
Traductora: María Reimóndez
Edita: Baía Edicións

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Zooloxía

Idade recomendada: +3 anos

O vento zoa alá no alto, na coroa da árbore. As polas abanean e fregan a unhas contra as outras mentres que, nalgún lugar por debaixo delas, na fenda enorme chea de larvas de vacaloura, alguén peta no tronco da árbore.

A araña, que pende dun fío, acaba de tecer outra arañeira. E o cuco canta no seu niño: cu-cu! Así pasa a vida cada día nunha árbore. un carballo é coma unha casa, con moitos animais, pequenos e grandes, vivindo nela. Pode que xa coñezas a algún.

Pero se entras neste libro poderás coñecer máis e visitar un carballo centenario...

ISBN: 978-84-9995-289-5
Nº de páxinas: 15
Encadernación: Tapa dura
Formato: 23 x 23

luns, 25 de maio de 2020

INVENTARIO ILUSTRADO DE FROITAS E VERDURAS


INVENTARIO ILUSTRADO DE FROITAS E VERDURAS
Autor: Virginie Aladjidi
Ilustradora: Emmanuelle Tchoukriel
Edita: Kalandraka Editora, SL

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Ciencias Puras - Botánica

Idade recomendada: +6 anos

Un rico inventario para alentar a curiosidade e o abraio de grandes e cativos, con explicacións e descricións.

Un cento de plantas comestibles reunidas nun fermoso catálogo vexetal para pór en valor a biodiversidade, a sostibilidade e a alimentación saudable.

Entre os froitos, descubriremos as drupas (que teñen carabuña), as bagas (sen carabuña, pero con unha ou máis pebidas), os froitos con casca (como as noces), os cítricos...

Entre as hortalizas, veremos os legumes, as herbáceas e os tubérculos.

Presentaremos algúns alimentos de orixe vexetal máis elaborados...

ISBN: 978-84-16721-41-2
Nº de páxinas: 64
Encadernación: Tapa dura
Formato: 22 x 30,5 cm

domingo, 24 de maio de 2020

O FORMIGUEIRO


O FORMIGUEIRO
Autor: Petra Bartíková
Ilustradora: Magdalena Takácová
Traductora: María Reimóndez
Edita: Baía Edicións

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Zooloxía

Idade recomendada: +3 anos

Imaxina que es unha formiga e pasa un día no formigueiro. Como sería?

Na primavera deitaríaste no cumio para quencer o corpo e logo levar a calor ás cámaras e galerías do formigueiro. Subirías e baixarías árbores buscando comida, recollerías pulgóns.

Ti e as túas amigas pasariádelo de medo chuchándolles o zume doce que soltan.

Pero abonda de falar, que tal se te preparas e entras con nós no formigueiro?

ISBN: 978-84-9995-291-8
Nº de páxinas: 15
Encadernación: Tapa dura
Formato: 23 x 23 cm