martes, 26 de maio de 2020

A ÁRBORE


A ÁRBORE
Autor: Petra Bartíková
Ilustradora: Magdalena Takácová
Traductora: María Reimóndez
Edita: Baía Edicións

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Zooloxía

Idade recomendada: +3 anos

O vento zoa alá no alto, na coroa da árbore. As polas abanean e fregan a unhas contra as outras mentres que, nalgún lugar por debaixo delas, na fenda enorme chea de larvas de vacaloura, alguén peta no tronco da árbore.

A araña, que pende dun fío, acaba de tecer outra arañeira. E o cuco canta no seu niño: cu-cu! Así pasa a vida cada día nunha árbore. un carballo é coma unha casa, con moitos animais, pequenos e grandes, vivindo nela. Pode que xa coñezas a algún.

Pero se entras neste libro poderás coñecer máis e visitar un carballo centenario...

ISBN: 978-84-9995-289-5
Nº de páxinas: 15
Encadernación: Tapa dura
Formato: 23 x 23

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.