sábado, 16 de maio de 2020

CONTOS PARA IR DURMIR


CONTOS PARA IR DURMIR
Autor: Roi Méndez
Ilustrador: Joaquín París
Edita: Editorial Galaxia, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +8 anos

Hai contos que se contan para durmir pero, sobre todo, para ir soñar. Historias que veñen cheas de aventuras, de personaxes inesquecibles, de paisaxes, nunca mellor dito, de ensoño. Neste libro, Roi Méndez sorpréndenos cun monllo de historias que, ao, xeito das vellas fábulas, van deixarnos a mente contenta e o corazón preparado para recibir máis e máis contos... Ata que nos dea sono...

ISBN: 978-84-9865-414-1
Nº de páxinas: 53
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13 x 20 cm

venres, 15 de maio de 2020

A CASA DO PARALELO 54


A CASA DO PARALELO 54
Autor: Iria Collazo López
Ilustradora: Luz Beloso
Edita: Editorial Galaxia, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +12 anos

Esta é unha historia onde a imaxinación non ten límites, onde as cousas máis raras suceden coma se fosen normais.

Achégate a esta casa chea de seres inesperados, como sacados dun soño con moita febre.

Entra nos seus cuartos. O que hai dentro está cheo de sorpresas...

ISBN: 978-84-9151-299-8
Nº de páxinas: 206
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13 x 20 cm

xoves, 14 de maio de 2020

RICARDO CARBALLO [CARVALHO] CALERO - DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

Este próximo domingo día 17 de maio volve a celebrarse o DÍA DAS LETRAS GALEGAS dende que o 20 de marzo de 1963 os tres membros da Real Academia Galega -Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego- presentaran nesta institución unha proposta histórica: que se declarase ese día de cada ano "DIA DAS LETRAS GALEGAS" como data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega". Por iso cada ano, nesta data, Galicia honra as súas Letras e a súa Lingua.

No ano 1963 celebrábase o centenario da publicación do libro "CANTARES GALLEGOS" de Rosalía de Castro, pero ignorábase a data da súa publicación por iso propúxose o día 17 de maio, por ser nese día cando Rosalía de Castro lle dedicou o seu libro ao tamén poeta Fernán Caballero; e así foi como se instituíu como festa anual do Día das Letras Galegas o 17 de maio. Escolleuse esta data porque "CANTARES GALLEGOS" foi o primeiro libro galego que tivo unha significación universal.

Neste ano 2020 o autor homenaxeado é RICARDO CARBALLO [CARVALHO] CALERO


Ricardo Carballo Calero (Ferrol, 1910 – Santiago de Compostela, 1990) é unha das figuras máis importantes da cultura galega do século XX, en especial pola súa contribución ao estudo da literatura galega, polo maxisterio que exerceu como primeiro profesor e catedrático universitario de Lingüística e Literatura Galega e pola influencia que atinxiron as súas ideas sobre o idioma galego. Unha traxectoria tan rica e intensa non é doada de resumir nos límites dunha aproximación necesariamente sintética coma a presente, polo que quedarán fóra aspectos merecentes de atención e matices de relevo. Ao final desta achega ofrecerase unha bibliografía selectiva, ordenada por xéneros e, dentro de cada apartado, por secuencia cronolóxica.

Para saber máis da biografía do autor, fai clic AQUÍ.

Para coñecer mellor a vida e obra de RICARDO CARBALLO [CARVALHO] CALERO, autor homenaxeado este ano 2020 no Día das Letras Galegas, tendes nas seguintes páxinas webs un montón de documentos e actividades  para imprimir e para facer en liña: 



-Web do Seminario Galán para os rapaces e rapazas desde Infantil a 6º de Primaria.


-Web Primavera das Letras da Real Academia Galega con materiais para colorear para os nenos e nenas de menor idade, contidos descargables –tamén con ilustracións orixinais– sobre a vida, a obra de creación literaria de Carvalho Calero ou o seu labor como filólogo son parte dunha oferta que se completa con propostas interactivas centradas na súa paixón polo teatro e a ópera, a súa poesía ou espazos vitais do autor como Ferrol e Lugo.


-Web da Real Academia Galega con propostas lúdicas e didácticas para todas as idades.


-Web O Portal da Lingua Galega da Secretaría Xeral de Política Lingüística no que atoparedes moitísimos recursos e información sobre o autor: exposicións, actividades dinamizadoras, un libro dos Bolechas sobre o autor que podedes descargar gratuitamente, videos, etc.


-Web Carvalho2020.galun proxecto da Associaçom Galega da Língua (AGAL), en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) e a Deputación da Coruña. Unha web moi completa sobre Ricardo Carvalho Calero, coa vida e a obra de Carvalho Calero, recursos didácticos sobre a sua figura, asi como os eventos e a actualidade deste ano coa finalidade de divulgar a figura de Carvalho Calero entre a comunidade educativa, en especial entre o profesorado de galego e de portugués de todos os niveis do ensino público non universitario.




Fontes: Real Academia Galega - Seminario Galán - Associaçom Galega da Língua (AGAL) - Secretaría Xeral de Política Lingüística


IRMÁNS!


IRMÁNS!
Autora e ilustradora: Rocio Bonilla Raya
Edita: Algar Editorial

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +6 anos

Estes dous irmáns levanse a matar, mais non precisan grandes cambios para tamén levarse ben.

¿Qué farían o un sen o outro?

ISBN: 978-84-9142-149-8
Nº de páxinas: 42
Encadernación: Tapa dura
Formato: 24,5 x 27 cm

mércores, 13 de maio de 2020

OS PELOTEIROS


OS PELOTEIROS
Autor: Patricia Mallo
Ilustrador: Dani Padrón
Edita: Editorial Galaxia, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +10 anos

Coido que estás a preguntarte que son Os Peloteiros.

Os Peloteiros Fútbol Club poderíanse definir como o peor club da historia dos clubs de fútbol, sendo ben optimistas. 

Esta agrupación, formada por sete rapaces moi diferentes, foi protagonista dun suceso acontecido o pasado verán...

ISBN: 978-84-9151-344-5
Nº de páxinas: 182
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13 x 20 cm

martes, 12 de maio de 2020

O DRAGÓN ANTÓN E O SAPO ROSENDO

O DRAGÓN ANTÓN E O SAPO ROSENDO
Autor: Rosalía Morlán Vieites
Ilustrador: Gabriel Iglesias
Edita: Edicións Fervenza - Técnicas & Gramaxe, SL

Xénero: Literatura Infantil Galega - Poesía

Idade recomendada: +6 anos

Libro infantil no que, a través de poesías-conto, conto-poesía, descubrimos ao dragón Antón e o sapo Rosendo, que viven dende hai séculos no Castelo de Rocha Forte.

Unha noite de verán deciden fuxir para ver a vida fóra do castelo, atopar a risa, a casa do vento e a fada dos caramelos. Xuntos, vivirán grandes aventuras, coñecerán amigos e descubrirán lugares máxicos por toda Galicia.

ISBN: 978-84-17094-53-9
Nº de páxinas: 48
Encadernación: Tapa dura
Formato: 24,5 x 22,5 cm

luns, 11 de maio de 2020

A GOTIÑA VIAXEIRA


A GOTIÑA VIAXEIRA
Autor: Toño Núñez
Ilustrador: Miguel Anxo Macía
Edita: Edicións Fervenza - Técnicas & Gramaxe, SL

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +5 anos

O mar... O mar é inmenso... E fermoso... E, por veces, perigoso...

Gústanche os golfiños? E as estrelas e os cabaliños de mar? E as buguinas? Gústanche as cunchas? Os peixes e as gaviotas... Os barcos, a praia... As furnas... Os cantís... Gústache o mar?

Alí, nese fermoso lugar que é o mar, vive Plis, unha gotiña nena... Unha pinguiña de auga... Lizgaira... Bulideira e cantareira que quere ser a túa amiga

ISBN: 978-84-17094-46-1
Nº de páxinas: 29
Encadernación: Tapa dura
Formato: 24,5 x 22,5

domingo, 10 de maio de 2020

COIDADO COA CHARCA!


COIDADO COA CHARCA!
Autor: José Carlos Román
Ilustrador: Emilio Urberuaga
Edita: Editorial Bululú, SL

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +5 anos

Un, dous, tres... Plof! Que ocorreu na charca?

Unha mosca vai voando pensando nas súas cousas cando escoita unha chamada de socorro.

ISBN: 978-84-949549-3-1
Nº de páxinas: 36
Encadernación: Tapa dura
Formato: 20,5 x 21,5 cm