venres, 30 de outubro de 2020

PROXECTO "TI© EMPRENDES"

Dende a Deputacion Provincial de Pontevedra envíannos esta interesante información sobre o proxecto TI© EMPRENDES dirixido aos mozos con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos.

Este proxecto está cofinanciado polo Fondo Social Europeo (Programa Operativo de Emprego Xuvenil, axudas EMP-POEJ) e pola Deputación de Pontevedra.

Dende novembro a abril realizaranse  en toda a provincia  os seguintes cursos:

  • APLICACIÓNS MÓBILES (APPS)
  • VENDA DE PRODUTOS E SERVIZOS TURÍSTICOS
  • OPERACIÓNS BÁSICAS DE PISOS EN ALOXAMENTOS
  • CREACION E XESTIÓN DE TENDAS ONLINE
  • SERVIZOS DE BAR E CAFETERÍA
  • ORGANIZACIÓN E XESTIÓN DE ALMACÉNS
  • MARKETING DIXITAL: ESTRATEXIAS SEO. SEM, REDES SOCIAIS E ANÁLISE DE TRÁFICO WEB
  • GUÍA POR ITINERARIOS EN BICICLETA
  • DJ INTENSIVO
  • CONTIDOS DIXITAIS, IMAXE, VIDEO E VIDEOXOS
  • MONITOR DEPORTIVO: ACONDICIONAMENTO FÍSICO EN GRUPO CON SOPORTE MUSICAL

Os cursos teñen unha duración de 125 horas ( 100 da materia específica e 25h de emprendemento).

Existe unha axuda de 13,45 € por día de asistencia aos alumnos que acudan ao 90% das horas.


Os requisitos que hai que cumplir para participar neste programa son os seguintes:

  • Ter entre 16 a 30 anos, e estar inscrito/a como demandante de emprego.
  • Non estar estudando.
  • Estar inscrito/a  no Sistema Nacional de Garantía  Xuvenil (SNGJ).
  • Estar empadroado/a nalgún dos seguintes  concellos: Covelo, As Neves, Arbo, Cañiza, Crecente, Mondariz, Mondariz Balneario, A Lama, Fornelos, Pazos de Borbén, Ponte Caldelas, O Rosal e Oia (ou noutro de menos de 5.000 habitantes da provincia de Pontevedra).

Para contactar cos responsables do programa, obter máis información e/ou inscribirse no mesmo podedes facelo do seguinte xeito:

Dende a Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén esperamos que esta información vos sexa de utilidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.