venres, 30 de outubro de 2020

"PREPARADOS, LISTOS, XA!" con Ramiro Neira


No mes de novembro recuperamos esta actividade que fora suspendida no mes de marzo pasado debido á pandemia do COVID-19.

Con ela conmemoraremos o Día Mundial da Narración Oral e tamén rematamos as actividades organizadas dentro da VIII Edición do Festival Internacional de Narrración Oral "ATLÁNTICA" na que participa por terceiro ano consecutivo o Concello de Pazos de Borbén.

Así, o venres 6 de novembro ás 13:00 horas no Auditorio do Concello, contaremos coa actuación do actor, director, docente, productor e distribuidor teatral RAMIRO NEIRA que nos traerá o seu espectáculo para público infantil e familiar "PREPARADOS, LISTOS, XA!" no que "a través de contos e cancións dos distintos continentes e distintas culturas que conforman o planeta onde vivimos, os nosos protagonistas tentarán de superar, coa axuda do público, unha proba que ninguén ata o de agora foi quen de lograr: dar a volta ao mundo en menos dunha hora!"

Están convidados a asistir a este evento os alumnos de 1º e 2º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.

Para calquera información sobre esta programación podedes contactar coa Biblioteca por teléfono chamando ao número 986 497 273 ou por e-mail biblioteca@pazosdeborben.org no noso horario habitual de apertura.

NON VOS ESQUEZADES!!!

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.