domingo, 5 de abril de 2020

ULF DE JAKOBSLAND


ULF DE JAKOBSLAND
Autor dos textos e ilustracións: Alberto Varela Ferreiro
Edita: Edicións Xerais de Galicia

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Cómic

Idade recomendada: +12 anos

Finais do século XI. Un vello conde danés, antigo xefe viquingo agora convertido ao cristianismo, arriba ás costas de Faro Brigantium, a primeira etapa da súa peregrinación ata Santiago de Compostela, na terra onde se fixo famoso como guerreiro. É o final da súa vida e o final dun tempo; as novas crenzas mestúranse cos deuses ancestrais e as vellas lembranzas, coas novas.

Foi no ano 844 cando os viquingos chegaron por primeira vez ata o antigo reino de Gallaecia, coñecido no norte como Jakobsland, nunha serie de incursións dirixidas por afamados guerreiros que rematarán a mediados do século XI coa derrota de Ulv Galiciefarer, o conquistador de Galicia e o derradeiro viquingo.

Esta é a historia dos viquingos na Galicia da Alta Idade Media.

ISBN: 978-84-9121-423-6
Nº de páxinas: 79
Encadernación: Tapa branda
Formato: 17 x 24 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.