luns, 6 de abril de 2020

O POLIMACHO E OUTRAS CRIATURAS


O POLIMACHO E OUTRA CRIATURAS
Autor: Antonio Reigosa
Ilustradora: Irene Fra
Edita: Editorial Luis Vives - Tambre

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +10 anos

Nesta casa-libro conviven en razoable harmonía un pastor, un pintor, un pirata, un mago e un santo, un neno cego, unha nena triste, outra alegre e outra máis que se perdeu na internet, un tio-avó que resucitou disfrazado de televisor, un sumidoiro de calcarrúas, un cuco e outro Cuco, un can de palleiro, avós e avoas, pais e nais, un home do saco e un polimacho.

Criaturas todas, que van sorprender, e de qué maneira, a lectoras e lectores.

ISBN: 978-84-92404-07-0
Nº de páxinas: 84
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 20 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.