domingo, 23 de febreiro de 2020

OS ESQUELETOS DIVERTIDOS


OS ESQUELETOS DIVERTIDOS
Texto e ilustracións: Janet & Allan Ahlberg
Tradución: Sandra e Óscar Senra Gómez
Edita: Kalandraka Editora, SL

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +5 anos

Unha divertida historia protagonizada polos esqueletos dun home, dun neno e dun can que saen unha noite a pasear e a asustar xente.

Lonxe de infundir medo, son personaxes simpáticos e alegres que o pasan ben -e os lectores canda eles- xogando, cantando e ata atemorizándose os uns aos outros. Pero os dous primeiros son tan despistados que para reconstruíren os ósos desmontados da súa mascota arman un tremendo, cómico e melódico lío.

Xogos e cancións nunha lectura terrorificamente divertida.

ISBN: 978-84-8464-384-5
Nº de páxinas: 32
Encadernación: Tapa dura
Formato: 21,5 x 28 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.