MORTIÑA
Autora e ilustradora: Barbara Cantini
Tradución: Rosa Marta Gómez Pato e Manuel González González
Edita: Hércules de Ediciones, SL
Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos
Idade recomendada: +6 anos
Mortiña é unha nena, pero non é coma as demais: é unha nena zombie. Vive en Vila Decadente coa súa tía Defuntiña e o seu inseparable Tristeiro, un can que non se sabe se está vivo ou morto. A Mortiña encantaríalle ter amigos da súa idade cos que xogar e divertirse, pero a súa tía prohibiulle deixarse ver: Podería asustar a xente.
Un día preséntaselle unha oportunidade única: a festa de Halloween! Mortiña nin sequera ten que disfrazarse... Pero que pasará cando os demais nenos descubran que non leva máscara?
ISBN: 978-84-949176-1-5
Nº de páxinas: 48
Encadernación: Tapa dura
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.