luns, 2 de decembro de 2019

O RAPOSO AVIADOR QUE VOA SEN MOTOR


O RAPOSO AVIADOR QUE VOA SEN MOTOR
Autor: Antonio Reigosa
Ilustradora: Laura Cortés
Edita: Edicións Xerais de Galicia, SA

Xénero: Literatura Infantil Galega - Narrativa

Idade recomendada: +7 anos

Este libro conta a historia de Paquiño, o primeiro raposo que se fixo aviador e que foi, probablemente, o mellor de todos cantos houbo e haberá entre os que saben voar sen avión e sen motor. Despois de moito afociñar, aprendeu a tomar voo e a aterrar como os avións e os helicópteros. E tamén aprendeu a marar, que é como se di cando se pousa no mar.

Un día Paquiño quixo voar ata cruzar a liña do horizonte. E foi. E ben que o pasou! E ti tamén o has de pasar ben se comezas este conto polo principio de todo.

ISBN: 978-84-9121-482-3
Nº de páxinas: 36
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13,5 x 19 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.