xoves, 12 de setembro de 2019

UNHA ÁRBORE VÉN A VERNOS (Contos para abrazar ás árbores)


Continuando coa programación de animación á lectura de BiblioPazos para estes últimos meses do ano, presentamos unha nova actividade de narración oral que terá lugar na Sala de Lectura ás 13:00 horasmércores día 18 de setembro coa actuación de ANXO MOURE "O Carballo con botas" e o seu espectáculo "UNHA ÁRBORE VÉN A VERNOS (Contos para abrazar ás árbores)" e á que están convidados os alumnos de 1º e 2º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI.

"Chegan á biblioteca os teixos, freixos, bidueiras, aciñeiras, buxos..., para contar as súas historias, para aprender a abrazar as árbores, a coidar bosques, fragas, soutos... para plantar unha árbore que conte contos, en defensa do futuro."

Pasaremos un bo rato gozando dos contos de Anxo Moure mentras aprendemos a coidar a natureza.

Esta actividade enmarcase na programación de LER CONTA MOITO, un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Dirección Xeral de Políticas Culturais, da Consellería de Cultura e Turismo, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración coas entidades locais.

VEN A BIBLIOPAZOS E PARTICIPA DAS SÚAS ACTIVIDADES!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.