mércores, 16 de xaneiro de 2019

"O MEU LUGAR SOÑADO" accésit categoría C: 5º/6º de Primaria do "I CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN"

Relato titulado "O meu lugar soñado" de Laura Martínez Costas - 11 anos - 6º de primaria.

Galardoado cun accésit na categoría C: 5º/6º de Primaria.

Fai moitísimos anos, nunha gran montaña do norte, vivía nunha cova un enorme fénix. Era enorme!! Tiña unhas enormes e longas ás, moi brillantes que eran de cor amarelas e vermellas. O seu pico era puntiagudo e de cor laranxa.

Un día, cando o fénix espertou saiu da cova e púxose a voar. Mentres voaba, viu un unicornio. Voou cara el, con toda rapidez. O unicornio viuno e botouse a correr. Cando estaba a piques de collelo, desapareceu entre unhas montañas.

Un ano despois, no chan da montaña construírase un fermoso pobo.

Un dia que o fénix baixara do alto da montaña, viu o pobo. Ao velo, intentou esconderse para uqe non o descubriran, pero unha persoa do pobo, que era cazador, viuno e avisou a todos os habitantes do pobo.

Decidiron ir a cazalo cando fora noitiña.

Cando chegou a hora, dirixíronse cara a montaña.

Un deles levaba unha radio que soaba con esta canción:

Vamos a cazar
a un animal matar.
Vamos a cazar
para poder descansar.
Cunha lanza, o mataremos
e así feliz descansaremos.

O fénix viunos vir e saiu da cova. Botouse a voar e dirixiuse onde desaparecera o unicornio.

Ao chegar ocurriu algo sorprendente!! Abriuse a montaña e el, moi despacito, traspasouna. Quedou abraiado ante esa fermosa paisaxe: verdes montañas, fermosas árbores froiteiras de distintas cores, unicornios cos seus cornos relucentes, pequenos gnomos, diminutas fadas que facían piruetas mentres voaban e sapos parlanchíns, simpáticos e alegres.

Era indescriptible! Nunca pensaba que podía existir un lugar tan marabilloso e desde ese día supo onde quería vivir.

Esperemos que nunca xamais o atopen os humanos.

Fin.

Premiados da categoría C: 5º e 6º de Primaria co Sr. Alcalde,
a Concelleira de Cultura e varios membros
do xurado do certame

1 comentario:

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.