luns, 28 de xaneiro de 2019

HOME SEN NOME


HOME SEN NOME
Autor: Suso de Toro
Edicións Xerais de Galicia 

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

Nano, encamado nun hospital, acompaña durante dous días a un enfermo terminal. Un home sen nome enuncia o monólogo da súa arrepiante biografía centenaria. A presenza da sombra do seu irmán xemelgo, a súa estadía no Berlín onde emerxía o nazismo, o seu protagonismo nas sacas da feroz represión do 36 en Compostela ou a súa participación como voluntario na División Azul. A visita de Celia, unha xove guionista, levará ao vello a confesar, sen rastro de arrepentimento, a súa participación en múltiples fusilamentos, torturas e violacións e as súas razóns para facelos...

Empregando formas achegadas ao drama, Suso de Toro ofrece unha reflexión pertubadora sobre a memoria que deita a mirada dun dos verdugos. Unha novela que procura as palabras necesarias que expresen e absolvan tanta dor afogada.

ISBN: 84-9782-447-4
Nº de páxinas: 396
Encadernación: Tapa branda
Formato: 14,5 x 22 cm.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.