sábado, 15 de decembro de 2018

APLICACIÓN INSTANTÁNEA


APLICACIÓN INSTANTÁNEA
Autor: Carlos Negro
Ilustrador: David Sierra
Edicións Xerais de Galicia S.a.
Colección: Fóra de Xogo

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Poesía

Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2018

Con Aplicación instantánea, a poesía conecta de modo inmediato co sistema operativo das túas emocións.

Se decides descargar este programa no teu menú de lecturas, terás acceso ilimitado ao universo afectivo de catro avatares que entran na vida co furor da arreverencia: contra a orde exacta dos armarios, contra o monocultivo cerebral dos eucaliptos, contra a ferruxe dos discursos que ignoran o movemento das dunas.

Atrévete a entrar e descubrirás que a poesía ofrece sempre un perfil inesperado.

ISBN: 978-84-9121-413-7
Nº de páxinas: 79
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 21 cm.

venres, 14 de decembro de 2018

ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DO "I CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN"

Co obxectivo de fomentar a creatividade entre o alumnado do municipio, potenciar a expresión e a comprensión escrita e estimular o uso da lingua galega, o Concello de Pazos de Borbén a través da Biblioteca Pública Municipal "BiblioPazos", dependente da Concellería de Cultura, convocou no pasado mes de outubro o "I Certame de Relato Curto de Pazos de Borbén" dirixido aos escolares que estiveran cursando estudos de Educación Primaria e Secundaria nos colexios do municipio.


O prazo de presentación para a entrega dos traballos finalizou o 23 de novembro pasado, presentándose un total de 64 traballos nas distintas categorías, todos eles alumnos e alumnas do CPI "Curros Enríquez" de Pazos:

  • Categoría A:     1º e 2º de Primaria       13
  • Categoría B:     3º e 4º de Primaria        2
  • Categoría C:     5º e 6º de Primaria      44
  • Categoría D:    1º e 2º de ESO                 5
  • Categoría E:    3º e 4º de ESO                 0

Os membros do xurado do reuníronse esta semana para decidir aos galardonados e coincidiron en valorar o bo nivel medio que presentan os traballos presentados, así como a meritoria e destacable labor que desenrolaron os pais, nais, titores e profesores dos alumnos participantes para documentar, dirixir e canalizar debidamente os seus relatos.

Os premiados daránse a coñecer no acto de entrega de premios que terá lugar o próximo Xoves día 20 de decembro, a partir das 13:00 horas, no Auditorio do Concello.

CONTOS NO NICHO


CONTOS NO NICHO
Autor: Maruxa Martínez
Edita: Urco Editora (Alcaia)

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

Mouchos, curuxas, sapos e bruxas
non hai moitos por este cemiterio.

Hai toupas, arañas, vermes
e algún corvo moi de vez en cando.

Veñen gatos a pasear como se levasen recados dun mundo ao outro.

E eu aquí, no medio dos dous,
sen poder morrer nunca nin deixar esta profesión,
non me quedou máis divertimento
que chataxear a cada autor dos aquí presentes para que me cedesen
as súas historias e debuxos.

Fan o que sexa para que lles espante a morte un pouco máis...
Ilusos, non saben que eu só boto terra enriba...

Requiescat en pace e boa lectura!

ISBN: 978-84-1699-39-2
Nº de páxinas: 121
Encadernación: Tapa branda
Formato:13,5 x 21 cm.

xoves, 13 de decembro de 2018

KUSUMA


KUSUMA
Autor: Héctor Cajaraville
Ilustradora: María Lires
Edicións Xerais de Galicia, S.A

Idade recomendada: + 9 anos.

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

PREMIO MERLÍN DE LITERATURA INFANTIL 2018

Kusuma, unha faisán femia procedente da remota selva de Kaltim, vese obrigada a marchar do lugar en que sempre viviu debido á acción destructiva do ser humano. Co fin de buscar un futuro mellor para ela e mais a rolada de pitiños que agarda, cruza medio mundo ata chegar a Galicia. Pero alí as cousas non van a ser doadas: a desconfianza da maior parte dos animais da fraga en que se instala, o medo ao diferente e ao que vén de fóra, obrigará a Kusuma a desmotrar o seu valor e o seu dereito a ser unha máis na terra de acollida.

Kusuma é unha historia de aventuras, de cooperación, de superación e de amizade; un exemplo de como  os prexuízos con quen ás veces nos enfrontamos ao descoñecido son o camiño máis enganoso e máis inxusto para tratar de entender o mundo.

ISBN: 978-84-9121-410-6
Nº de páxinas: 151
Encadernación: Tapa branda
Formato: 14 x 19,5 cm.

mércores, 12 de decembro de 2018

SATURNO TAMÉN É DEUS


SATURNO TAMÉN É DEUS
Autora: Uxía Casal
Edita: Urco Editora (Alcaian)

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

Nos catorce relatos que compoñen Saturno tamén é deus o descoñecido, a angustia, o medo e mesmo a morte aparecen como un elemento común, que asume unha condición protagónica e activa, con tal poder que son quen de converter os seres humanos en meros instrumentos dun xogo no que camiñan ás cegas polo fío que separa a loucura da cordura.

Catorce relatos de medo nos que a ben dosificada intriga ofrece unha conclusión sorprendente e inesperada que manterá a quen os lea coa sensación de non poder desprenderse deles.


 Esta nova edición, que ve a luz 20 anos despois da primeira, inclúe, a maiores dunha coidadosa revisión da propia autora, un novo relato: "O pequeno Mario".

ISBN: 978-84-15699-48-4
Nº  de páxinas: 168
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 21 cm.

martes, 11 de decembro de 2018

BESTA DO SEU SANGUE


BESTA DO SEU SANGUE
Autor: Emma Pedreira
Edicións Xerais de Galicia, S.A

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

Besta do meu sangue relata, con grande orixinalidade, unha historia inspirada na figura e no mito de Blanco Romasanta desde unha óptica que propugna unha revisión de xénero.

Disposta como un conxunto fluído de microunidades narrativas, na novela conviven os rexistros culto e coloquial para vencellar as voces partícipes da historia e da creación do mito nacido arredor da persoa que foi considerada a primeira asasina en serie da nosa historia. A obra supón unha proposta transgresora e fragmentaria que se caracteriza por esa multiplicidade de voces, polo seu esencialismo narrativo e por exhibir diversos rexistros para abordar o tema da licantropía desde unha perspectiva de xénero. Narrada desde unha linguaxe poética ao longo das páxinas desta excelente novela, salienta unha atmosfera de desacougo e angustia para abordar o tratamento dun personaxe que bebe das fontes cultas, mitolóxicas e populares galegas para reavivar a figura do lobo e a súa convivencia co seu humano.

ISBN: 978-84-9121-448-9
Nº de páxinas: 114
Encadernación: Tapa branda
Formato: 14,5 x 22 cm.

luns, 10 de decembro de 2018

O PARAUGAS DAMEAUGAS


O PARAUGAS DAMEAUGAS
Autor: Anxo Moure
Ilustradora: Cristina Ouro
Edita: Urco Editora

Idade recomendada: +5 anos

Xénero: Literatura en Galego - Poesía
Carta dos bosques á nube CristinaChove chove chove para que se apaguen os lumeschoche nube chove para que beban os pobreschove mube chove para que bailen os ríoschove nube chove para que nazan as flores.
ISBN: 978-84-15699-53-8
Nº de páxinas: 20
Encadernación: Tapa branda
Formato: 20 x 20 cm.

domingo, 9 de decembro de 2018

YO, JULIA

YO, JULIA
Autor: Santiago Posteguillo
Editorial Planeta, S.A.

Género: Literatura en Castellano - Novela

PREMIO PLANETA 2018

192 d.C. Varios hombres luchan por un imperio, pero Julia, hija de reyes, madre de césares y esposa de emperador, piensa en algo más ambicioso: una dinastía.

Roma está bajo el control de Cómodo, un emperador loco. El Senado se conjura para terminar con el tirano, y los gobernadores militares más poderosos podrían dar un golpe de Estado: Albino en Britania, Severo en el Danubio o Nigro en Siria. Cómodo retiene a sus esposas para evitar rebelión, y Julia, la mujer de Severo, se convierte así en rehén.

De pronto, Roma arde. Un incendio asola la ciudad. ¿Es un desastre o una oportunidad? Cinco hombres se disponen a luchar a muerte por el poder. Creen que la partida está a punto de comenzar. Pero para Julia la partida ya ha empezado. Sabe que solo una mujer puede forjar una dinastía.


ISBN: 978-84-08-19740-9
Nº de páginas: 698
Encadernación: Tapa dura
Formato: 16 x 23,5 cm.