venres, 14 de decembro de 2018

ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DO "I CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN"

Co obxectivo de fomentar a creatividade entre o alumnado do municipio, potenciar a expresión e a comprensión escrita e estimular o uso da lingua galega, o Concello de Pazos de Borbén a través da Biblioteca Pública Municipal "BiblioPazos", dependente da Concellería de Cultura, convocou no pasado mes de outubro o "I Certame de Relato Curto de Pazos de Borbén" dirixido aos escolares que estiveran cursando estudos de Educación Primaria e Secundaria nos colexios do municipio.


O prazo de presentación para a entrega dos traballos finalizou o 23 de novembro pasado, presentándose un total de 64 traballos nas distintas categorías, todos eles alumnos e alumnas do CPI "Curros Enríquez" de Pazos:

  • Categoría A:     1º e 2º de Primaria       13
  • Categoría B:     3º e 4º de Primaria        2
  • Categoría C:     5º e 6º de Primaria      44
  • Categoría D:    1º e 2º de ESO                 5
  • Categoría E:    3º e 4º de ESO                 0

Os membros do xurado do reuníronse esta semana para decidir aos galardonados e coincidiron en valorar o bo nivel medio que presentan os traballos presentados, así como a meritoria e destacable labor que desenrolaron os pais, nais, titores e profesores dos alumnos participantes para documentar, dirixir e canalizar debidamente os seus relatos.

Os premiados daránse a coñecer no acto de entrega de premios que terá lugar o próximo Xoves día 20 de decembro, a partir das 13:00 horas, no Auditorio do Concello.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.