sábado, 24 de febreiro de 2018

DESIERTO DE METAL


DESIERTO DE METAL
Guión: Diego Agrimbau
Dibujo: Fernando Baldó
Grafito Editorial S.L.

Género: Comic

Desierto de Metal fue ganadora del III Concurso "Dibujando entre culturas", entregado por la Fundación Tres Culturas. Año 2011, España-Marruecos.

Al Reloj de Relojes ya casi no le queda cuerda. 

Es el año 1942 y la Alemania Nazi ha conquistado gran parte de Occidente. África es el próximo objetivo.

Pero su dominio no será total hasta que logren tomar Axedra, la Ciudad Autómata. Una antigua ciudad mecánica nacida en el medievo. Esquiva y poderosa se mantiene en constante movimiento, como las arenas del desierto. En Axedra, sabios de todas las culturas conviven con autómatas inteligentes. Juntos gracias a su avanzada tecnología lo han conseguido.

Pero esto ha cambiado, el enemigo ha aprendido y hay que luchar. La Historia de la Humanidad está en juego. 

La arena cae y el tiempo se acaba. 

ISBN: 978-84-943002-8-8
Nº de páginas:100
Encuadernación: Rústica
Formato: 17 x 24 cm


                            

O CONTADOR DE ESTRELAS


O CONTADOR DE ESTRELAS
Autor: Santiago Jaureguizar
Santillana Infantil y Juvenil S.L. 
Edicións Obradoiro S.L 
Colección Oqueleo Narrativa Xuvenil

Xénero: Literatura Xuvenil  - Narrativa

Antía estaba certa de que aquel ía ser o verán máis aburrido da súa vida. Debía botar dous meses acompañando a nai nunha base do Servicio Antilumes, no medio dunha chaira seca e calorosa. 

Pero cando coñeceu a Enver, todo mudou; el abriulle a porta da astronomía e do namoramento. Xuntos enfrontaron os incendios que provoca os misterioso Piloto Vermello. Aquel verán acabou sendo o dos maiores lumes e o do incendio máis xigantesco que coñecera o corazón de Antía. 

O contador de estrelas é unha novela sobre o derrubamento da candidez, sobre o salto sen rede á madureza dunha rapaza que ve como o amor, a amizade, a aventura e a mentira lle dan a volta á súa visión inocente da realidade. 

ISBN: 978-84-16834-12-9
Nº de páxinas: 173
Encadernación: Tapa branda
Formato: 14 x 21,5 cm

venres, 23 de febreiro de 2018

CAZADOR DE SONRISAS


CAZADOR DE SONRISAS
Guión y dibujo: Agustín Ferrer Casas
Grafito Editorial S.L. 

Género: Comic 

El conflicto de Corea ya ha pasado, pero la Guerra Fría vuelve de calentarse a pocos kilómetros de Florida. Y en medio de todo esto Agustín Ferrer Casas da vida en Cazador de sonrisas a un dentista estadounidense a principios de los 60, Herbert F. Dunne. 

¿CREES SABERLO TODO SOBRE TU DENTISTA? 

Al menos eso es lo que piensan quienes conocen personalmente a Herbert F. Dunne. Un excelente odontólogo, según sus pacientes, el invitado ideal, un padre fantástico, un esposo encantador, Casi perfecto si no fuese por esa falta de empatía por el dolor ajeno… 

Sólo la tímida adolescente Alice Edwards, una nueva paciente con una ortodoncia que castiga su sonrisa, llega a descubrir la espiral de obsesiones, drogas y violencia de la que el doctor Dunne intenta redimirse. ¿O acaso tampoco esto es cierto…? 

ISBN: 978-84-947670-0-5 
Nº de páginas: 110 
Encuadernación: Rústica 
Formato: 17 x 24 cm
                            

BAJARSE AL MORO


BAJARSE AL MORO
Autor: José Luis Alonso de Santos
Ilustrador: Juan Daniel Tamayo
Edición:  Fermín Tamayo y Eugenia Popeanga
Ediciones Cátedra S.A.

Género: Literatura en Castellano - Teatro

Chusa y Jaimito son dos primos que comparten un pequeño piso en el centro de Madrid, donde también vive otro amigo, Alberto. Chusa acoge a Elena, a la que propone viajar a Marruecos para traficar con droga. Pero Elena es virgen y no puede transportar la mercancía en su vagina.

Para remediar el problema, y una vez descartado Jaimito, Elena debe perder su virginidad con Alberto. Pero las dificultades e interrupciones se suceden: Doña Antonia, madre de Alberto, Abel y Nacho, dos drogadictos con síndrome de abstinencia.

Finalmente, Chusa viaja sola a Marruecos. A su regreso es detenida y encarcelada. Cuando sale de prisión descubre que Alberto y Elena se han ido a vivir juntos a Móstoles justo cuando la propia Chusa descubre que está embarazada de Alberto. Pero nunca se lo dirá... 

Una obra teatral llevada a la gran pantalla por Fernando Colomo y protagonizada por artistas de reconocido renombre como son: Verónica Forqué, Antonio Banderas y Aitana Sánchez-Gijón entre otros muchos... 

ISBN: 978-84-376-0771-9
Nº de páginas: 166
Encuadernación: Tapa blanda
Formato: 13x 18 cm
                            

xoves, 22 de febreiro de 2018

UNHA HISTORIA DE AMOR


UNHA HISTORIA DE AMOR
Pequena biografía de María Victoria Moreno
Autora: Joanna Lorenzo Montero
Ilustracións: Tania Solla
Lela Edicións
Serie Mulleres Galegas 3 

Xénero: Literatura Infantil Galega -Biografía

Idade Recomendada: A partir de 6 anos

María Victoria Moreno (Valencia de Alcántara, 1939- Pontevedra, 2005) foi profesora e escritora en lingua galega. Empregando as súas palabras, a súa opción polo galego foi "unha historia de amor". Deste xeito, ensinou a toda unha xeración de mozas e mozos a amar a vida, a literatura e a levar adiante os proxectos máis fermosos.

A esta muller adicaselle este ano 2018 o Día das Letras Galegas polos seus méritos e esforzos en prol da defensa da Cultura Galega.

Unha colección de Mulleres Ilustres que recordanos como debemos defender os nosos dereitos...



ISBN: 978-84-946043-3-1
Nº de páxinas: 31
Encadernación: Tapa branda
Formato: 16 x 16 cm
                            

TOULIÑAS NA CIDADE

TOULIÑAS NA CIDADE
Autor: Bo Carpelan
Traducción: Manuel Lado
Ediciones S.M.
Colección Gran Angular

Xénero: Literatura Xuvenil - Narrativa

Marvin, un rapaz diminuído mental, atopa moitas dificultades para integrarse no mundo da sociedade normal.

Hai quen lle pon atrancos, a maioría. Soamente uns poucos logran comprender con amor e man aberta. Estes poucos encontran unha ponte para acceder ó mundo de Marvin, menos lonxe do que ás veces cremos.

Arrincado do seu medio natural, a illa do Arco, vese obrigado a vivir na xungla da cidade. Todo se volve contra el, entre a angustia da súa nai e dos seus amigos, Nora e Johnny, uns adolescentes que se senten identificados con el.

Ó final xorde a traxedia, nunha obra na que se xoga a miúdo con situacións límites...

ISBN: 84-348-3433-2
Nº de páxinas: 133
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 21 cm

mércores, 21 de febreiro de 2018

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2018 - 181º ANIVERSARIO DO SEU NACEMENTO

O día 24 de febreiro é unha xornada para celebrar e festexar á nosa poeta nacional, ROSALÍA DE CASTRO no 181 aniversario do seu nacemento.

BiblioPazos adhírese a esta homenaxe á autora a través desta nova no blogue e da actividade "TECÍN SOIA A MIÑA TEA" que tivo lugar o día 20 de febreiro no auditorio do Concello de Pazos de Borbén.


MARÍA ROSALÍA RITA DE CASTRO Naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837. A súa vida é unha historia realmente apaixonante, chea de interese historico, cultural e intelectual.

O seu relato é entender desde a perspectiva dunha rapariga filla de nai solteira e fidalga as claves sociais do seu tempo; é asistir en primeira fila como moza, en Santiago, e en Madrid, a un proceso de formación rico e complexo; é seguirlle os pasos, en Vigo, na Coruña, en Lestrobe... á súa densa creación literaria e mais ao proxecto que acabou orixinando a Galicia dos nosos días.

Hoxe as investigacións biográficas sobre a súa figura supuxeron claros avances no debuxo dos seus principais perfís. Aínda así, continúa a ser un reto estudala e explicala na súa totalidade e na súa complexidade.

Máis información sobre a vida e obra de Rosalía de Castro facendo click AQUÍ.


Tecín soia a miña tea

Tecín soia a miña tea,
sembrei soia o meu nabal,
soia vou por leña ó monte,
soia a vexo arder no lar.


Nin na fonte nin no prado,
así morra coa carráx,
el non ha de virme e erguer,
el xa non me pousará.


¡Que tristeza! O vento soa,
canta o grilo ó seu compás...
Ferve o pote... mais, meu caldo,
soíña te hei de cear.


Cala, rula, os teus arrulos
ganas de morrer me dan;
cala, grilo, que si cantas,
sinto negras soidás.

O meu homiño perdeuse,
ninguén sabe en ónde vai...
Anduriña que pasache
con el as ondas do mar;
anduriña, voa, voa,
ven e dime en ónde está.



Rosalía de Castro "Follas Novas"
Fragmento do poema ¡Terra a Nosa!


Velaquí unhas imaxes coas portadas das súas obras e que temos en BiblioPazos a disposición dos lectores e usuarios. Podedes localizalas no catálogo ou preguntar ao persoal da biblioteca.



De seguido reproducimos o


Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega no Día de Rosalía de Castro 2018: Abride a fiestra

Nun mundo de fiestras pechadas, buscamos o refacho de vento que as abra de vez. Nun mundo que busca facer as comunidades e as persoas máis pequenas, os cartos e a cobiza máis grandes, precisamos forza e profundidade, emoción e pensamento. Ante as fiestras pechadas contra a vida, contra as voces das mulleres, das desprazadas e das nosas outras cómprenos unha palabra firme e abranguente que nos guíe. No bater das fiestras que cheiran a couza do pasado, a mentiras que repetidas mil veces queren chegar a ser verdades, a fala que se nos rouba e aire que nos falta precisamos a bravura das mareas e o salvaxe das montañas. Precisamos todo do que falou e todo o que foi Rosalía de Castro.
Ela é o refacho que busca abrir as nosas fiestras. Un refacho que chega dende o pasado para nos falar do futuro. Un refacho que quere abrir a fiestra para que poidamos navegar. Coa forza das baleas, da que busca novas fillas do mar, da que se ri dos papeis de xénero e nos anima a redefinilos como literatas. Un refacho que trae a voz de todas as meniñas gaiteiras que están por chegar. Un refacho que canta a vida e transforma todo dende as raíces.

Mais para que o refacho entre, precisa da nosa vontade. Pídenos, imperiosa: Abride a fiestra!

E na nosa man está abrir a fiestra. Abrila para vermos a muller, a escritora, a irredutible. A voz que nos une ás rebeldes do mundo, que fascina coa súa luz por onde pasa, que nos ofrece a súa clarividencia para tecermos novas alianzas, a que sempre está do lado da xustiza, do noso lado, a que sempre está aínda por descubrir. Porque en todos os recunchos do mundo, mais sobre todo aquí, en Galicia, hai rosalías que cantan e que falan, alancando con brillantes e destemidas botas azuis entre a lama.
Rosalías que abrimos a fiestra saíndo á rúa contra o espolio da terra que ela cantou, ecolóxica antes de que existise nin o termo. Cada vez que nos negamos a seguir converténdonos en plantación de eucaliptos, minas, xeriátrico e mercadoría, reivindicando a paisaxe que ela utilizou politicamente coma ninguén. Cada vez que pulamos polo público, a sanidade, o transporte, as axudas a quen está na marxe e ela puxo sempre, dende o afecto e a transgresión, no centro. Cada vez que desfacemos o discurso que sustenta a violencia de tantos Pedros mediante a escrita e a acción feminista, contra todos eses que seguen ladrando mentres nosoutras camiñamos.
Abride a fiestra para as viaxes interiores, para a coraxe dos afectos, para sermos das que non temos medo de pensar e de sentir simultaneamente, de recoñecernos mulleres con palabra e voz propia, herdeiras e compañeiras daquela que en cada dedicatoria se recoñecía nas súas iguais.
Abride a fiestra á afouteza e ao abraio, á redefinición do que a historia dos homes fixo de mulleres irreverentes coma ela.
Abride a fiestra porque Rosalia de Castro é o mundo que está por facer. Un mundo que se abre se o abrimos.

María Reimóndez
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)
AbrideAFiestra

Fonte: Fundación Rosalía de Castro e Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

SEMENTE DE IGUALDADE, SEMENTE DE LIBERDADE


SEMENTE DE IGUALDADE, SEMENTE DE LIBERDADE
Pequena biografía de Ernestina Otero
Autor: Enrique Mauricio
Ilustracións: Carlos Taboada
Lela Edicións
Serie Mulleres Galegas 4 

Xénero: Literatura Infantil Galega -Biografía

Idade Recomendada: A partir de 6 anos

Ernestina Otero (Redondela 1890- Redondela 1956) foi unha mestra e pedagoga galega. As súas prácticas innovadoras e a súa afouteza convértena nun exemplo a seguir no eido da educación. Impulsou a asistencia á escola, os dereitos das mulleres, a renovación do profesorado e conseguiu sementar unha xeración preparada para vivir en liberdade.

Unha muller na defensa dos dereitos das mulleres e do aproveitamento das nosas escolas, lingua e cultura galega.

Unha colección de Mulleres Ilustres que recordanos como debemos defender os nosos dereitos...



ISBN: 978-84-946043-4-8
Nº de páxinas: 31
Encadernación: Tapa branda
Formato: 16 x 16 cm
                            

RIO ABAIXO


RIO ABAIXO
Autor: Luís Bugarín Pereira
Editorial Galaxia S.A.
Colección Costa Oeste

Xénero: Literatura Xuvenil - Narrativa

A Chiño non lle gusta moito o colexio. Prefire pelexar cos seus compañeiros ou estar co seu tío-avó, un vello cura que loita contra a venda dun monte comunal. Un día, un amigo do cura preséntalle a Chiño un home misterioso que di que vén doutra época e empeza a contar a súa vida. Chamase Adoa e foi adaíl dun pobo que xa non existe.

Rio Abaixo é unha novela de aventuras na que os tempos antigos cobran vida no relato da loita dos primitivos habitantes de Galicia, refuxiados nun castro contra o pobo invasor.

Moitos anos máis tarde no mesmo sitio, a beira do Rio Miño, os perigos son diferentes pero non menos ameazadores... 

ISBN: 84-8288-200-7
Nº de páxinas: 241
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 21 cm


martes, 20 de febreiro de 2018

QUE CONTAN AS OVELLAS PARA DURMIR?



QUE CONTAN AS OVELLAS PARA DURMIR?
Autor: Kiko da Silva
Editorial Galaxia, S.A.
Colección Árbore 

Xénero: Literatura Infantil - Contos

Idade Recomendada: A partir de 6 anos

Bee é unha ovella branca coma unha nube de leite dentro dun rabaño de ovellas negras coma o café. Unha noite que non lle entraba o sono, preguntouse:

Que contan as ovellas para durmir?

Ti sábelo? Bee, tampouco.

E non poderá pegar ollo ata atopar a resposta.

ISBN: 978-84-9151-100-7
Nº de páxinas: 27
Encadernación: Tapa dura
Formato: 23,5 x 30 cm
                            

CÓMPLICE

CÓMPLICE
Autor: Ankle de Vries
Tradución: Mª do Carme Monteagudo Romero
                        Manuel García Sendón
Ediciones SM
Colección Gran Angular

Xénero: Literatura Xuvenil - Narrativa

Marcelle descobre casualmente un triste episodio da vida do seu pai: arrasta desde hai case trinta anos unha acusación de asasinato.

Torturado - a súa man mutilada é testemuño evidente -, asinou a confesión de súa culpabilidade. Marcelle quere, custe o que custe, rehabilitar a figura do seu pai, devolverlle a liberdade real.

Daquela, vai ao escenario dos feitos, a vila de Brac. O seu labor é paciente, intelixente, esgotador, sorprendente ás veces para ela mesma. En Brac vive o amor, o odio e a paixón por dar co verdadeiro asasino.

O vello reloxo do monteiro asasinado vai ser a chave que permite aclarar de vez os feitos e facer xustiza.

ISBN: 84-348-3511-8
Nº de páxinas: 158
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 21 cm

luns, 19 de febreiro de 2018

O PEIXOTO



O PEIXOTO
Autor: Manoel Riveiro Loureiro
Ilustracións: F. Mantecón
Edicións do Cumio S.A.
Colección Gaivota

Xénero: Literatura Xuvenil - Narrativa

A señardade dun neno polo seu pai ausente, navegando decote polos mares do Xapón, lévao a idealizar todo o que fai referencia ó mundo lonxano das illas niponas, e a familiarizarse nos costumes do pobo xaponés.

Asemade, o descubrimento dos particulares valores humanos do seu avó materno, vello mariñeiro da Illa de Arousa, alcumeado "O Peixoto" polo que o protagonista atribuese tamén ese alcume, permitelle vivi-la aventura segundo as ensoñacións dun rapaz inquedo, tan agudo coma inxel e tan testán coma visceralmente dereito.

ISBN: 84-87126-38-3
Nº de páxinas: 95
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 19 cm

¡ MALDITO D.N.I !


¡MALDITO D.N.I.!
Autor: Pepe Carballude
Edicción: Helena Pérez
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección Fóra de Xogo

Xénero: Literatura Xuvenil - Narrativa 

Olimpio Montes, biólogo de profesión , despois de chegar á conclusión de que o maior atranco dunha persoa para ser feliz é o Documento Nacional de Identidade, toma a decisión de morrer legalmente e así vivir á marxe da burocracia moderna. 

O seu desexo parece ben doado nun principio, mais axiña comprenderá que non é tan sinxelo vivir indocumentado nun mundo controlado pola información. 

ISBN: 84-8302-220-6 
Nº de páxinas: 153 
Encadernación: Tapa branda 
Formato: 12,5 x 21 cm