martes, 20 de febreiro de 2018

CÓMPLICE

CÓMPLICE
Autor: Ankle de Vries
Tradución: Mª do Carme Monteagudo Romero
                        Manuel García Sendón
Ediciones SM
Colección Gran Angular

Xénero: Literatura Xuvenil - Narrativa

Marcelle descobre casualmente un triste episodio da vida do seu pai: arrasta desde hai case trinta anos unha acusación de asasinato.

Torturado - a súa man mutilada é testemuño evidente -, asinou a confesión de súa culpabilidade. Marcelle quere, custe o que custe, rehabilitar a figura do seu pai, devolverlle a liberdade real.

Daquela, vai ao escenario dos feitos, a vila de Brac. O seu labor é paciente, intelixente, esgotador, sorprendente ás veces para ela mesma. En Brac vive o amor, o odio e a paixón por dar co verdadeiro asasino.

O vello reloxo do monteiro asasinado vai ser a chave que permite aclarar de vez os feitos e facer xustiza.

ISBN: 84-348-3511-8
Nº de páxinas: 158
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 21 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.