martes, 13 de novembro de 2018

CONFERENCIA: SÍNTOMAS NEUROPSIQUIÁTRICOS NAS DEMENCIAS


Dende AFAGA (Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer) fannos chegar esta información sobre a conferencia

"SÍNTOMAS NEUROSIQUIÁTRICOS NAS DEMENCIAS" 

que impartirá a Psiquiatra Coordinadora da Unidade de Psicoxeriatría de EOXI Vigo ÁGUEDA ROJO e que terá lugar o luns 19 de novembro, ás 19:30 horas, no Auditorio Multiusos A Xunqueira de Redondela.

Os fins desta asociación son, entre outros, a orientación e información tanto a familiares como á poboación en xeral, acercar a realidade do Alzheimer ás entidades públicas e privadas co obxectivo de estimular e colaborar nas investigacións que se realicen sobre a enfermidade.

A entrada e libre ata completar aforamento.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.