martes, 13 de novembro de 2018

ACTUACIÓN DE QUICO CADAVAL NO 3º CICLO DE TRADICIÓN ORAL



O 3º ciclo de tradición oral continua o vindeiro venres, 16 de novembro de 2018 con QUICO CADAVAL.

Iniciará as súas actuacións con "Contos doutro mundo" ás 13:30 horas.

"Quico Cadaval, leva desenvolvendo desde os anos noventa un tipo de espectáculo unipersonal a medio camiño entre a narración tradicional, a épica escénica e o cabaré literario. Na sua forma actual, aproveita a referencia do espectro das historias tradicionais, para explotar outras zonas espectrais da nosa conciencia, nosa memoria e a nosa percepción.

Como sempre aparecerán tiranos, piratas, funcionarios, putas, taberneiros, cregos, valentes, estudantes, chavoleiros, filósofos, cans, vacas e outros fantasmas. Ou non."

E continuará ás 20:00 horas co espectáculo "Lendas Suburbanas"
"Os camiños da aldea, iluminados pola fría lúa, foran durante séculos, o territorio dos difuntos e dos fenómenos asustadores. Viñeron as autoestradas e escorrentaron aos espectros, e as rotondas deixaron ás bruxas sen lugares de reunión. Agora, as luces máis asustadoras son os fríos conos da garda civil de tráfico.
Agora, as historias que se contan no inverno acontecen en lugares novos, discotecas, gasolineiras, puticlubs, mais o medo é o de sempre, o de toda a vida."
ESPERÁMOSVOS!! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.