mércores, 24 de outubro de 2018

DÍA DA BIBLIOTECA EN BIBLIOPAZOS 2018


Hoxe é o DIA DA BIBLIOTECA que se celebra todos os anos nesta data dende que en 1997 por iniciativa da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil, co apoio do Ministerio de cultura, se decidira celebrar este día en recordo da destrucción da Biblioteca de Sarajevo incenciada no ano 1992 durante a guerra dos Balcáns.

En BiblioPazos conmemoraremos este día celebrando a I Semana da Ciencia en Pazos de Borbén durante os días 24, 25 e 26 de Outubro.


Cada ano encárgase a un escritor ou escritora e a un ilustrador ou ilustradora, ambos de recoñecido prestixio, a redacción do pregón e o deseño do cartel que difúndese entre todas as bibliotecas de España, asociados e interesados. Este ano os elexidos son o escritor Gonzalo Moure e o ilustrador Alfonso Zapico.

Texto do pregón orixinal traducido o galego:
Veño do deserto do Sahara, de inaugurar unha biblioteca. Está en Dajla, o máis afastado, o máis esquecido dos cinco campamentos de refuxiados saharauís. É a cuarta biblioteca que construímos, e é preciosa. No centro plantamos árbores, para que os nenos e os mozos do Sahara poidan experimentar o gozo de sentar á súa sombra para ler un libro. Non queremos que esa biblioteca sexa ningún “templo de silencio”, senón máis ben un espazo para do son, para o ruído. Unha biblioteca que xa é o lugar máis fermoso do campamento. Un espazo para desexar ir buscar lectura, pero tamén amizade, soños compartidos. Mesmo amor. Un lugar no que namorarse mirando uns ollos por encima dun libro. Porque á fin e ao cabo, a biblioteca é o lugar no que se descobre ao outro, de papel ou de carne. 

Nunha película inesquecible, a mellor película de ciencia ficción da historia, 2001, unha odisea do espazo, aparece un monólito cada vez que o home disponse a dar un salto cualitativo. Kubrick, o seu director, debería poñer un libro no seu lugar. Porque foron os libros os que marcaron o ritmo dos cambios do ser humano. Porque o libro é o laboratorio do home, o lugar no que se experimenta con emocións, descubrimentos, utopías, apostas. Somos o que somos porque pensamos e escribimos sobre como ser e sobre como non ser. E seremos o que pensemos, o que pensen e escriban as próximas xeracións.

Así que unha biblioteca non é só un lugar no que convidar a ler, senón tamén, ou por iso, un lugar no que convidar a escribir. As bibliotecas do século XXI son, poden ser, teñen que ser o sementeiro de novas novelas, novos monólitos, mouteiras do noso futuro. Se o século XX foi sen dúbida o século da lectura, o século XXI pode chegar a ser o século da escritura, xa o está sendo.
Por todo iso construímos bibliotecas nos campamentos do deserto. Porque non son só para os saharauís. As paga a nosa sociedade civil, mediante socios adultos, e mediante actividades solidarias en colexios, institutos e bibliotecas. E os alumnos e lectores que as sufragan fanse conscientes do extraordinario que é ter unha biblioteca, aprenden a valorar a súa, a defendela. Cada biblioteca do deserto ten detrás a miles de nenos, novos e adultos que a fixeron posible co seu pequeno esforzo. Sumando. Cada lector saharauí ten ao seu lado a miles de lectores, máis conscientes da importancia dunha biblioteca, porque co seu traballo construíuse unha, nun clima e un lugar tan hostil. 
Pensa na túa biblioteca. Houbo un día no que esa biblioteca non existía. Alguén a soñou, loitou por ela, encheuna de libros e tamén de soños. Faiche do equipo dese alguén que a fixo posible, loita por un mundo no que non haxa un ser humano que non teña preto unha biblioteca, ou un amoroso bibliobús. Que non haxa un só neno, novo ou adulto, que non roce a man dunha bibliotecaria que lle aconselle, que lle oriente no labirinto. Que é o mesmo que dicir que non haxa un só ser humano conectado ao que foi, o que é e o que será. 
Na túa man hai millóns de mans, estreitando a túa, acompañándoche no camiño. Tenras ou callosas, pequenas ou grandes. No libro que che espera na mesilla de noite ou xunto ao sofá, hai millóns de libros. Inxenuos ou complexos, humildes ou luxosos. Pero todo preciosos. Conectados todos por un invisible fío de prata que une man con man, andel con andel, un fío inacabable e luminoso. Inacabable, e así sexa. Hoxe é o Día da Biblioteca, que é o mesmo que dicir O día da Luz.
Feliz día, feliz século.

Para ver o texto do pregón orixinal en castelán preme aquí.

Feliz día da Biblioteca !!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.