xoves, 26 de abril de 2018

COS PÉS NO AÍRE


COS PÉS NO AÍRE
Autor: Agustín Fernández Paz
Ilustracións: Miguelanxo Prado
Edicións Xerais de Galicia S.A.

Xénero: Literatura Infantil Galega - Narrativa

Idade recomendada: + 11 anos

Este libro gañador do Primeiro Premio de Literatura Infantil Raíña Lupa trata sobre un tal Daniel que traballa nunha oficina e leva unha vida monótona e gris. Un día, de xeito casual, descobre que pode elevarse polo aire con só desexalo intensamente.

Temeroso de que outras persoas descubran o seu segredo, Daniel vese forzado a modificar todos os seus hábitos. Pero o cambio maior virá cando descubra que non é el só quen ten esa estraña cualidade.

Velaquí unha narración onde se abordan as dificultades que algunhas persoas teñen por feito de vivir nunha sociedade que exclúe o que non considera normal.

Deste xeito, Cos pés no aire é unha lucida e suxerente parábola, na que latexa unha loanza da diferencia e unha invitación á autoestima.

Un libro que, coma O Principiño ou outros títulos senlleiros, se dirixe a todas as persoas, sen distinción de idades.

O libro, foi ilustrado por Miguelanxo Prado, que utiliza uns encadres orixinalísimos empregando unha técnica que lembra os seus mellores traballos.
ISBN: 84-8302-473-X 
Nº de páxinas: 79 
Encadernación: Tapa branda 
Formato: 12 x 22,5 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.