sábado, 22 de outubro de 2016

OBRADOIRO DE TÉCNICAS DE AUTOEMPREGO

A Asociación de Mulleres Arela de Saxamonde envíanos a seguinte información dunha actividade de autoemprendemento feminino desde o rural que coidamos pode ser do interese de moitas e moitos dos nosos lectores.


O "OBRADOIRO DE TÉCNICAS DE AUTOEMPREGO" celebraráse na Escola de Saxamonde (Redondela) os venres 4, 11, 18 e 25 de Novembro e o 2 de Decembro de 16:30  a 20:30 horas.

Está dirixido principalmente a mulleres que queiran atopar no rural a súa saída laboral, aínda que tamén nos comunican que os homes que poidan estar interesados poden inscribirse no mesmo. 

Este obradoiro estará fundamentado no desenvolvemento de procesos para a xeración de proxectos de autoemprego en base a tres criterios:

  • Proxectos sustentables. 
  • Proxectos que fomenten a utilización de recursos de proximidade. 
  • A economía social, a fórmula cooperativa e as súas posibilidades.

Realizarase en cinco sesións de 4 horas cada unha (todos os venres de novembro e o 2 de decembro de 16.30 a 20.30 horas).

Constarán dun proceso secuencial dinámico e participativo, que partirá do fomento do bo ambiente grupal para ir entrando nos contidos a desenvolver.

O desenvolvemento do traballo será:

  • O grupo intelixente: habilidades sociais e  posibilidades en colectivo. O autoemprego como fórmula de desenvolvemento rural.
  • Os recursos rurais e locais: identificación e valoración. Os ciclos económicos curtos. Os recursos de proximidade.
  • A economía social e os proxectos cooperativos. O valor do local o plus de calidade.
  • Da idea ao proxecto. O plan de empresa, un documento útil. Viabilidade, mercados, posibilidades. O meu proxecto.
  • Fórmulas de financiamento alternativo.
  • Experiencia e experiencias en funcionamento en Galicia.

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS:
Asociación de Mulleres Arela de Saxamonde
Teléfonos: 661 837 697 / 606 722 635




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.