sábado, 22 de outubro de 2016

CELEBRACIÓN DO DIA DA BIBLIOTECA 2016 EN BIBLIOPAZOS

Mentres realizamos os Obradoiros de Máscaras e Monicreques de Luva para celebrar o Ano Castelao, o próximo luns día 24 de outubro aproveitaremos tamén a ocasión e o día para conmemorar o DIA DA BIBLIOTECA que ten lugar todos os anos nesa mesma data dende que en 1997 por iniciativa da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil, co apoio do Ministerio de Cultura, se decidira celebrar este día en recordo da destrución da Biblioteca de Sarajevo incendiada o ano 1992 durante a guerra dos Balcáns.

As elixidas este ano para a redacción do pregón e o deseño do cartel que se difunde entre todas as bibliotecas de España, asociados e interesados foron dúas mulleres: LEDICIA COSTAS, última gañadora do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015 e do Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil 2015 polas súas obras “Escarlatina, a cociñeira defunta” e “Jules Verne e a vida secreta dás mulleres planta” respectivamente; e a ilustradora ELENA ODRIOZOLA, tamén galardoada co Premio Nacional de Ilustración en 2015.

https://www.dropbox.com/s/c2i1u4gmf1okm1i/Dia%20de%20la%20Bibliioteca%202016.jpg?dl=0


Para elo ademáis dos Obradoiros previstos para este día e patrocinados pola Deputación Provincial de Pontevedra para conmemorar o Ano Castelao leeremos tamén o pregón deste ano redactado pola escritora galega Ledicia Costas. 

Así que xa sabedes, o Luns, 24 de outubro, na Sala de lectura da Biblioteca Pública Municipal "BiblioPazos" celebración do DIA DA BIBLIOTECA e do ANO CASTELAO con Viravolta Títeres.



Obradoiro de MÁSCARAS con materiais alternativos

Descrición: Cada un dos participantes elaborará unha máscara empregando materiais que non se adoitan empregar para facer manualidades, deste xeito tratarase de estimular a imaxinación dos cativos/as para que analicen as posibilidades de materiais de uso común e de refugallo para empregalos de xeito creativo noutros contextos que non son os habituais.
Duración: 90 minutos.
Destinatarios: Nenos e nenas de entre 5 e 12 anos.
Máximo por grupo: 15 nenos/as.

Obradoiro de MONICREQUES DE LUVA con material de refugallo

Descrición: Cada participante elaborará un monicreque de luva, con materiais moi sinxelos, moitos dos cales estarían destinados a rematar o lixo. Unha vez feitas as marionetas os/as nenos/as aprenderán técnicas básicas de manipulación para poder darlle vida ao seu boneco, para logo en pequenos grupos tratar de crear pequenas pezas relacionadas coas obras de Castelao que poderán ser representadas ante os compañeiros/as.
Duración: 120 minutos.
Destinatarios: Nenos e nenas de entre 5 e 12 anos.
Máximo por grupo: 15 nenos/as.


INSCRICIÓNS:
XA NON HAI PRAZAS DISPOÑIBLES

INFORMACIÓN 
Biblioteca Pública Municipal "BIBLIOPAZOS"
Teléfono: 986 497 273
Horario: 09:00 a 14:00 horas

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.