martes, 30 de agosto de 2016

MARISELDIÑA


MARISELDIÑA
Selección e adaptación: Colectivo Crisol (Mª Carmen Aguin, Tina Parada, Elvira García, Carlos Alfonso, Remedios Padín)
Ilustracións: Pepe Carreiro
Promocións Culturais Galegas S.A. - A Nosa Terra, 2000
Colección: Contos Populares

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: + 3 anos

Era unha fermosa bolboreta que atopou unha cinta de cores. Púxoa e, con moita fachenda, asomouse á ventá. Pasou un cabalo, que lle pediu casar con ela, pero non lle gustou o seu berrar; tampouco o do boi, pero si o dun rato. E casou con el.

Un día, ao querer beber por ter comido unha cáscara de cebola, o rato caeu nunha ola de auga ao lume. E morreu. Entón Mariselda asomou á ventá chorando.

Pasou o cabalo e, coa dor, pegou a correr. Enteirado o boi, deixou de comer. As pombas, cortaron os peteiros. E as pedras rodaron ata o mar, onde botaron toda a pena. 

ISBN: 978-84-95350-36-X
Nº de páxinas: 20
Encadernación: Tapa dura

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.