¿A QUE SABE A LUA?
Texto e ilustracións: Michael Grejniec
Traducción ao galego: Carmen Barreiro
Kalandraka Editora, 1999
Colección: Tras os Montes
Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos - Narrativa
Idade recomendada: + 4 anos
Había moito tempo que os animais andaban a matinar a que sabía a lúa.
Era doce ou salgada? Só querían probar un anaco pequeno.
Polas noites,
miraban ansiosos para o ceo. Estarricábanse e estiraban o pescozo, as
pernas e os brazos, tentando collela...
Quen non soñou algunha vez con
darlle unha dentada á lúa? Este foi precisamente o desexo dos animais
deste conto. Tan só querían probar un anaquiño pero, por máis que se
estiraban, non eran quen de tocala.
Daquela, a tartaruga tivo unha idea
xenial: ''Se sobes ao meu lombo, poida que cheguemos onda ela'', díxolle
ao elefante...
ISBN: 978-84-95123-33-9
Encadernación: Tapa dura
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.